Saltar ao contido

Portal:Segunda Guerra Mundial/Artigo destacado/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soldados estadounidenses erguendo a súa bandeira en Iwo Jima o 23 de febreiro de 1945.

A batalla de Iwo Jima, denominada en clave «Operación Detachment», é o nome que recibe un dos combates máis sanguentos da Segunda Guerra Mundial, librado na illa de Iwo Jima entre as forzas do exército estadounidense e as do Imperio do Xapón de febreiro a marzo de 1945, durante a Guerra do Pacífico (1937-1945).

Ao final dos combates, os estadounidenses lograron conquistar a illa e controlar os seus importantes campos de aviación, aínda que, durante a cruenta batalla, atopáronse cunha resistencia extrema dos xaponeses, resistencia que supuxo a morte da maioría dos seus combatentes.

No cumio do monte Suribachi da illa, aos poucos días do inicio dos combates, o xornalista Joe Rosenthal tomou unha das imaxes máis difundidas da Segunda Guerra Mundial, titulada Raising the Flag on Iwo Jima, galardoada co premio Pulitzer, na que se observa a varios soldados poñendo o mastro co que erixiron a bandeira estadounidense naquel lugar.