Pousada, Baleira
Pousada | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Baleira[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°59′07″N 7°14′42″O / 42.98538671, -7.24508529 |
Área | 11,31 km² |
Poboación | 124 hab. (2019) |
Densidade | 10,96 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo de Pousada é unha parroquia do concello de Baleira, pertencente ó arciprestado de Valdepedroso. En 2013 tiña seus 126 habitantes distribuídos en oito núcleos de poboación: Airexe (15), O Lago (1), Pousada (16), O Queirogal (25), A Quintá (7), Rego de Pereira (9), Teilalle (3) e Vilar (50).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está delimitada ó norte polas freguesías da Esperela e A Fontaneira, ó sur por Penarrubia e Pedrafita de Camporredondo (as dúas do concello de Baralla), ó leste por Teixeira e Pedrafita de Camporredondo (Baralla), e ó oeste por Riomol e Furís (Castroverde). Da súa xurisdición depende o anexo de San Pedro de Esperela. A altitude media é de 699 metros.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia hai dous monumentos de carácter relixioso. Na aldea da Quintá está a capela de Santa Bárbara, un pequeno edificio de construción popular que consta dunha planta rectangular conformada por muros de cachotaría e cantería de granito e xisto, e cuberta de lousa a dúas augas. A portada principal é alintelada, cun pórtico sobre ela. No seu interior ten só un retablo de estilo neoclásico.
Na aldea de Airexe está a Igrexa parroquial de San Lourenzo de Pousada. O edificio, de planta cadrada, divídese no seu interior en tres naves, separadas entre si por dúas fileras de columnas e pilastras. O presbiterio é de planta cadrada, con tres contrafortes no exterior. Os muros son de cachotería e cantería de granito e xisto, e a cuberta é de lousa a dúas augas. O presbiterio segue a liña da nave central, situándose a menor altura desta. Dispón dunha ruda cornixa ao longo da nave central, cun arco triunfal de medio punto. O frontis ten unha portada con arco de medio punto, e sobre esta unha torre campanario que sobresae, formando un cuberto de planta cadrada, que apoia sobre catro piares. Dos retablos que se conservan, o da capela maior é de estilo barroco e encóntrase mutilado por causa de diferentes reformas no edificio. Os das capela laterais son de estilo neoclásico o da dereita e barroco o da esquerda.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pousada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Pousada no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|
Airexe | O Lago | Pousada | O Queirogal | A Quintá | Rego de Pereira | Teilalle | Vilar |