Praia das Illas
Praia das Illas | |
---|---|
Vista da praia | |
Características xerais | |
Localización | Ribadeo |
Lonxitude | 750 m |
Largo medio | 9-10 m |
Grao de urbanización | algún |
Características específicas | |
Condicións do baño | si |
Aspectos medioambientais | |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | si |
A praia das Illas está situada no termo da parroquia da Devesa, na zona da aldea da Rochela. A súa anchura media estímase entre 9 e 10 m, e a súa lonxitude é de 750 m (aínda que outras fontes din ter 98 m), sendo o nivel de ocupación alto nos períodos estivais. A praia dispón de area branca e fina, sendo unha praia aberta con ondas moderadas e rectilíneas. Conta coas especies faunísticas propias de calquera praia, sobre todo aves.
Enmarcada no medio dunha paraxe rochosa de extraordinaria fermosura, igual que a veciña praia dos Castros, coa que se comunica na baixamar. Na preamar, ocorre que, dependendo das correntes mariñas de cada ano, esta praia pode desaparecer e sexan só olladas varias illas que se sitúan no areal, das que toma o nome. Esta, xunto coas praias de San Miguel de Reinante (Barreiros), As Catedrais, Esteiro, Os Castros, Areosa e Olga (todas de Ribadeo), conforma a Zona das Catedrais, espazo natural protexido e catalogado coma "Rede Natura 2000".
A praia dos Castros-As Illas recibiu a bandeira azul no 2015.[1] Dispón de servizo de salvamento (os feridos son trasladados ao Hospital Comarcal da Costa-Burela) e sinalización do estado de mar. Está próxima ao Porto Deportivo de Foz.
A ela pódese chegar saíndo de Ribadeo pola estrada N-634 en dirección a Lugo, ata desviarnos por un ramal á dereita sinalizado, que nos leva xusto ata o recurso. Ten a maiores outros servizos (a maioría deles a uns 500 m): aparcadoiros, teléfonos, restaurante e bar, hoteis, Cruz Vermella e servizo de vixilancia. Na praia tamén dispón de servizos, ademais dos mencionados: duchas, pasarelas, limpeza diaria.