Praia de Alona
Tipo | praia | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Panglao, Filipinas | |||
| ||||
A praia de Alona é a máis popular praia da illa de Panglao, no municipio de Panglao (provincia de Bohol, rexión das Visayas Centrais, Filipinas), situada na punta suroeste da illa.
É coñecida pola súa area branca, cantís rochosos e instalacións comerciais que bordean un treito de 1 km da praia.[1][2]
Atópase preto dun arrecife de coral, e é un popular lugar de mergullo. Está situada a menos de 3 km do Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao.
A praia leva o nome da actriz filipina Alona Alegre, que corría espida pola praia en 1973 no filme "Esteban" que coprotagonizou con Fernando Poe Jr.[3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Os seus impresionantes arrecifes e augas cristalinas non deixarán indiferentes aos coñecedores da relaxación de calidade. A praia de Alona e a capital de Bohol están a só 20 km. Dúas paredes de rocha en ambos os extremos da praia de Alona forman os límites naturais dunha praia de 1,5 km. Ao longo da súa extensión hai moitos hoteis e restaurantes, desde ofertas económicas até opciónes de luxo.[5]
Esta praia está considerada como un dos mellores lugares para mergullarse en Filipinas. Os guías locais organizan emocionantes excursións para os hóspedes e preséntanlles a fauna do mundo submarino e a asombrosa vida dos corais. Aqueles que desexen diversificar o seu tempo libre poden achegarse a Balikasag e ver como crían as tartarugas, ou gozar dos deliciosos manxares da cociña local e internacional.[5]
Transporte
[editar | editar a fonte]Pódese chegar á praia desde o Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao (TAG), que é o principal aeroporto internacional da provincia de Bohol. Este aeroporto inaugurouse o 27 de novembro de 2018, substituíndo ao Aeroporto de Tagbilaran, e serve á illa de Panglao e ao resto de Bohol. Hai voos diúrnos case cada hora cara e desde Manila de Cebu Pacific, Air Asia e Philippine Airlines. Tamén hai servizos a Davao, Cagayán de Oro e Puerto Princesa.
O tempo de viaxe en ferri rápido a Cebú é de menos de 2 horas.
Hai un servizo regular de autobús con aire acondicionado desde o aeroporto até Tagbilaran City (Island City Mall e v/v PHP 50 en cada dirección) e unha ruta circular até a praia Momo, outra praia famosa da illa. As viaxes curtas adoitan facerse en triciclo-taxi, con tarifas negociábeis. A illa está conectada coa illa principal de Bohol por dúas pontes: a ponte Suárez e a ponte do Gobernador Borja.
Biodiversidade da illa
[editar | editar a fonte]Ao redor de 250 novas especies de crustáceos e 2 500 novas especies de moluscos encóntranse nas costas da illa. O seu descubrimento foi obra do Proxecto de Biodiversidade Mariña de Panglao, no que participaron os malacólogos españois Anselm Peñas (catalán) e Emilio Rolán (galego). O proxecto descubriu que só Panglao ten máis biodiversidade mariña que o Xapón e o mar Mediterráneo.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Un dos extrermos da praia
-
Palmeiras na praia
-
Vista da praia no serán
-
Estrela de mar, aínda viva, na praia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Japan International Cooperation Agency (novembro de 2015). "SUSTAINABLE ENVIRONMENT PROTECTION PROJECT FOR PANGLAO IN PHILIPPINES: PROJECT COMPLETION REPORT" (PDF). p. 20-21. Consultado o 28 de agosto de 2021.
- ↑ "90% of illegal structures at Alona beach cleared". The Bohol Chronicle. Consultado o 28 de agosto de 2021.
- ↑ Udtohan, Leo (20 de marzo de 2018). "Cimatu gives Panglao resort owners 6 months to demolish illegal structures". INQUIRER.net. Consultado o 2021-06-23.
- ↑ "Former actress and sex symbol Alona Alegre passes away at 70". PEP.ph. Consultado o 28 de agosto de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 Playa Alona (Alona beach) (en castelán).
- ↑ Kate Pedroso (2 de marzo de 2007): Panglao, Bohol: a center of marine biodiversity. Consultado o 28 de agosto de 2021.