Saltar ao contido

Praia de Las Conchas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPraia de Las Conchas
Imaxe
Tipopraia
praia nudista
praia de area branca Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaLa Graciosa Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTeguise, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 29°16′30″N 13°30′57″O / 29.275086, -13.515858
Características
Dimensións80 (ancho) × 610 (lonxitude) m

A praia de Las Conchas é unha praia virxe situada no noroeste da illa canaria de La Graciosa, na provincia das Palmas, España.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Con 610 m de lonxitude de fina area branca, é un dos recunchos máis visitados polos viaxeiros que buscan a tranquilidade e a beleza da paisaxe. Como está en pleno océano Atlántico, a ondada na praia adoita ser forte e algo perigosa e é recomendable extremar a precaución ao bañarse, xa que non hai ningún posto de socorrismo.

Atópase a un 5,2 km de distancia do principal núcleo de poboación da illa, Caleta de Sebo. Pódese chegar a ela camiñando, en bicicleta ou en taxi.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. "Guía de Playas: Las Conchas". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2018. Consultado o 5 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]