Saltar ao contido

Praza de abastos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praza de abastos de Pontevedra.
Praza de abastos de Santiago de Compostela.

Unha praza de abastos,[1] un mercado de abastos[2] ou tamén unha central de abastos é o nome que reciben as instalacións e dependencias comerciais municipais[3] pechadas e normalmente cubertas, situadas en aglomeracións urbanas, onde diversos comerciantes abastecen aos compradores de todo tipo de mercadorías.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Nos mercados de abastos, a oferta de abastecemento inclúe produtos perecedoiros como carnes, peixes, froitas e hortalizas. Tamén pode haber outras tendas que vendan pan, produtos lácteos, flores, conservas, produtos de limpeza xeral, así como outros diversos artigos relacionados co consumo xeral e as necesidades básicas definidas por cada nación. Os modernos mercados alimentarios tamén contan con cámaras frigoríficas para conservar alimentos de orixe animal.

En Galicia, as prazas de abastos adoitan ter postos de venda ambulante autorizados e anexos á edificación.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para praza de abastos.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mercado.
  3. "O Goberno de Sanmartín reactiva a reforma da praza de Abastos, orzada en 518.000 euros". Nós Diario. 7 de agosto de 2023. Consultado o 17 de febreiro de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]