Prehistoria de Escocia
Aparencia
A prehistoria de Escocia é o período que comprende dende a formación xeolóxica do territorio escocés ata a chegada dos romanos e a creación da provincia de Britania a partir do -43. Unha gran variedade de culturas espalláronse por cada recuncho de Europa, mais o estudo desta área xeográfica en particular axuda a descubrir as orixes dos restos e dos monumentos que se atopan diseminados e a entender os alicerces da historia de Escocia. A grande extensión de campo aberto, consecuencia dunha actividade agraria intensiva durante o tempo, e a dispoñibilidade da pedra no canto de madeira, déronlle a Escocia un manchea de lugares onde se pode ver o pasado remoto deste territorio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Escocia |