Saltar ao contido

Premio Abel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Abel /ˈɑːbəl/ (noruegués: Abelprisen) é un premio noruegués concedido anualmente polo goberno noruegués a un ou máis matemáticos destacados.[1]

O premio recibe o nome do matemático noruegués Niels Henrik Abel (18021829) e segue o modelo dos premios Nobel;[2][3][4][5][6][7] foi establecido en 2001 e complementa o seu premio irmán en humanidades, o premio Holberg. Ten un galardón monetario de 7'5 millóns de coroas norueguesas[8] (NOK) (arredor de 770 000 euros, cambio de 2017).[9]

A cerimonia de entrega ten lugar no adro da facultade de dereito da universidade de Oslo, onde se entregou o premio Nobel da Paz entre 1947 e 1989.[10] O comité do premio tamén estableceu un simposio Abel, administrado pola Sociedade Matemática Norueguesa.[11]

O premio concédese no adro da Domus Media da facultade de dereito da universidade de Oslo

O premio foi proposto para ser parte da celebración en 1902 do centenario do nacemento de Abel.[12] Pouco antes da súa morte en 1899, o matemático noruegués Sophus Lie propuxo establecer un premio Abel cando descubriu que os plans de Alfred Nobel para uns premios anuais non incluían un premio en matemáticas. O rei Óscar II estaba disposto a financiar un premio matemático en 1902 e os matemáticos Ludwig Sylow e Carl Størmer deseñaron uns estatutos e unha regras para iso. Porén, a influencia de Lie declinou coa súa morte e a disolución da unión entre Noruega e Suecia en 1905 acabou co intento de creación do premio Abel.[12]

Tras o incremento do interese no concepto do premio en 2001, formouse un grupo de traballo para desenvolver a proposta, que se presentou en maio ao primeiro ministro. En agosto de 2001 o goberno noruegués anunciou que a concesión do premio comezaría en 2002, segundo centenario do nacemento de Abel. Atle Selberg recibiu un premio honorífico en 2002, pero o primeiro premio real foi entregado en 2003.[12][13]

En 2010 comezouse unha serie de libros de presentación dos premiados e os seus descubrimentos. Os dous primeiros volumes cobren os anos 2003–2007 e 20082012 respectivamente.[14][15]

Criterios de selección

[editar | editar a fonte]

A Academia Norueguesa das Ciencias e das Letras anuncia o gañador en marzo segundo a recomendación do comité Abel, que consiste en cinco destacados matemáticos, en 2016 liderados por John Rognes.[16] A Unión Matemática Internacional e a Sociedade Matemática Europea nomean os membros do comité.

Calquera pode enviar unha candidatura, mais non se permiten autocandidaturas. Os candidatos deben estar vivos, mais se o premiado falece tras ser declarado gañador o premio concédese a título póstumo.[12]

Financiamento

[editar | editar a fonte]

Orixinalmente, o financiamento procedía da fundación Abel mais hoxe o premio finánciase a partir do orzamento nacional noruegués. En 2001, o goberno noruegués entregou 200 millóns de coroas norueguesas para o financiamento do premio (case 22 millóns de euros) que está controlado por unha xunta na que están presentes membros elixidos pola Academia Norueguesa de Ciencias e Letras.[17]

Premiados

[editar | editar a fonte]
Ano Premiado(s) Foto Nacionalidade(s) Institución(s) Cita
2003 Serre, Jean-PierreJean-Pierre Serre
Francia Collège de France "Polo seu papel clave en establecer a forma moderna de moitas partes das matemáticas, incluíndo

a topoloxía, a xeometría alxébrica e a teoría de números."[18]

2004 Atiyah, MichaelMichael Atiyah
Reino Unido Reino Unido Universidade de Edimburgo "Polo descubrimento e demostración do teorema do índice, xuntando topoloxía, xeometría e análise,

e o seu papel fundamental na construción de pontes entre as matemáticas e a física teórica."[19]

Singer, IsadoreIsadore Singer
Estados Unidos de América Estados Unidos Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
2005 Lax, PeterPeter Lax
Hungría Hungría [20] /Estados Unidos de América Estados Unidos Courant Institute "Polas súas rompedoras contribucións á teoría e aplicación das ecuacións en derivadas parciais e

ao cálculo das súas solucións".[21]

2006 Carleson, LennartLennart Carleson
Suecia Suecia [22] Royal Institute of Technology "Polas súas contribucións profundas e seminais á análise harmónica e a teoría de sistemas

dinámicos suaves".[23]

2007 Varadhan, S. R. SrinivasaS. R. Srinivasa Varadhan
India India /

Estados Unidos de América Estados Unidos [24]

Courant Institute "Polas súas contribucións fundamentais á teoría da probabilidade e en particular pola

creación da teoría de grandes desviacións unificada".[25]

2008 Thompson, John G.John G. Thompson
Estados Unidos de América Estados Unidos "Polas súas profundas achegas á álxebra e en particular por dar forma á moderna

teoría de grupos."[26]

Tits, JacquesJacques Tits
Bélxica Bélxica / Francia [27] Universidade de Florida; Collège de France
2009 Gromov, MikhailMikhail Gromov
Rusia Rusia / Francia [28] Institut des Hautes Études Scientifiques[29] e Courant Institute[30] "Polas súas contribucións revolucionarias á xeometría".[31]
2010 Tate, JohnJohn Tate
Estados Unidos de América Estados Unidos Universidade de Texas en Austin "Polo seu amplo e duradeiro impacto na teoría de números."[32]
2011 Milnor, JohnJohn Milnor
Estados Unidos de América Estados Unidos [33] Universidade Stony Brook "Polos descubrimentos pioneiros en topoloxía, xeometría e álxebra."[34]
2012 Szemerédi, EndreEndre Szemerédi
Hungría Hungría / Estados Unidos de América Estados Unidos [35] Alfréd Rényi Institute e Universidade Rutgers "Polas súas contribucións fundamentais á matemática discreta e á teoría da computación, e en

recoñecemento do fondo e duradeiro impacto das súas contribucións á teoría aditiva de números

e á teoría ergódica."[36]

2013 Deligne, PierrePierre Deligne
Bélxica Bélxica Institute for Advanced Study "Polas contribucións seminais á xeometría alxébrica e polo seu impacto na teoría de números,

a teoría da representación e áreas relacionadas".[37]

2014 Sinai, YakovYakov Sinai
Rusia Rusia / Estados Unidos de América Estados Unidos Universidade Princeton e

Landau Institute for Theoretical Physics[38]

"Polas súas contribucións fundamentais aos sistemas

dinámicos, á teoría ergódica e á física matemática."[39]

2015 John F. Nash, Jr
Estados Unidos de América Estados Unidos Universidade Princeton "Polas seminais contribucións á teoría das ecuacións en derivadas parciais non lineares e

as súas aplicacións á análise xeométrica."[40]

Nirenberg, LouisLouis Nirenberg
Canadá / Estados Unidos de América Estados Unidos Courant Institute
2016 Andrew Wiles
Reino Unido Reino Unido Universidade de Oxford[41][42] "Pola súa sorprendente demostración do último teorema de Fermat mediante a conxectura da

modularidade para curvas elípticas semiestables, abrindo unha nova era na teoría de números".[43]

2017 Meyer, YvesYves Meyer
Francia École normale supérieure Paris-Saclay "Polo seu papel primordial no desenvolvemento da teoría matemática das ondículas."[44]
2018 Langlands, RobertRobert Langlands
Canadá / Estados Unidos de América Estados Unidos[45] Institute for Advanced Study "Polo seu programa visionario conectando a teoría de representación coa teoría de números."[46]
2019 Uhlenbeck, KarenKaren Uhlenbeck
Estados Unidos de América Estados Unidos[47] Universidade de Texas en Austin "Polas súas pioneiras achegas sobre ecuacións en derivadas parciais xeométricas, a teoría de

gauge e os sistemas integrables, e polo impacto fundamental do seu traballo en análise, xeometría

e física matemática".[48][49]

2020 Furstenberg, HillelHillel Furstenberg[9]
Israel Universidade Hebrea de Xerusalén "Por ser pioneiros no uso de métodos de probabilidade

e dinámica en teoría de grupos, teoría de números e combinatoria".[50][51]

Margulis, GregoryGregory Margulis[9]
Estados Unidos de América Estados Unidos Universidade de Yale
2021 Lovász, LászlóLászló Lovász
Hungría Hungría Universidade Eötvös Loránd "Polas súas contribucións fundamentais á informática teórica e ás matemáticas discretas e o seu papel primordial en colocalas nos campos centrais das matemáticas modernas".[52]
Wigderson, AviAvi Wigderson
Israel Institute for Advanced Study
2022 Sullivan, DennisDennis Sullivan
Estados Unidos de América Estados Unidos Universidade de Stony Brook "Polas súas contribucións innovadoras á topoloxía no seu sentido máis amplo, e en particular aos seus aspectos alxébricos, xeométricos e dinámicos".[53]
2023 Luis Caffarelli[54]
Arxentina Universidade de Texas "polas súas contribucións fundamentais á teoría da regularidade para ecuacións diferenciais parciais non lineais, incluíndo problemas de fronteiras libres e a ecuación de Monge-Ampère".[55][56]
2024 Michel Talagrand
Francia Centre national de la recherche scientifique "Polas súas contribucións innovadoras á teoría da probabilidade e á análise funcional, con aplicacións destacadas en física matemática e estatística".[57]
  1. "Statutter for Holbergprisen og Nils Klim-prisen". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2017. 
  2. Dreifus, Claudia (29-3-2005). "From Budapest to Los Alamos, a Life in Mathematics". The New York Times. 
  3. Cipra, Barry A. (26 de marzo de 2009). "Russian Mathematician Wins Abel Prize". ScienceNOW. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2009. Consultado o 29 de marzo de 2009. 
  4. "Geometer wins maths 'Nobel'". Nature. 26-3-2009. Consultado o 17 de outubro de 2012. 
  5. Foderaro, Lisa W. (31 de maio de 2009). "In N.Y.U.'s Tally of Abel Prizes for Mathematics, Gromov Makes Three". The New York Times. Consultado o 17-10-2012. 
  6. "Abel Prize Awarded: The Mathematicians' Nobel". The Mathematical Association of America. Abril de 2004. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  7. Piergiorgio Odifreddi; Arturo Sangalli (2006). The Mathematical Century: The 30 Greatest Problems of the Last 100 Years. Princeton University Press. p. 6. ISBN 0-691-12805-7. 
  8. "Nomination Guidelines and Nomination Form". abelprize.no (en (inglés e noruegués)). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Redacción (19 de marzo de 2020). "Premio Abel, «Nobel» de las matemáticas, para los investigadores que encontraron el orden en el caos". abc.es (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  10. "University of Oslo". Oslo Opera House. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2012. 
  11. "Main Page". The Norwegian Academy of Science and Letters. Consultado o 26-7-2012. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 "The History of the Abel Prize". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2018. Consultado o 26 de xullo de 2012. 
  13. Modelo:MacTutor Biography
  14. H. Holden; R. Piene, eds. (2010). The Abel Prize 2003–2007. Heidelberg: Springer. ISBN 978-3-642-01372-0. doi:10.1007/978-3-642-01373-7. 
  15. H. Holden; R. Piene, eds. (2014). The Abel Prize 2008–2012. Heidelberg: Springer. ISBN 978-3-642-39449-2. doi:10.1007/978-3-642-39449-2. 
  16. "The Abel Committee 2015/2016". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  17. "Nomination Guidelines". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 02-08-2018. Consultado o 26-7-2012. 
  18. "The Abel Prize Laureate 2003". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  19. "The Abel Prize Laureate 2004". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  20. "Peter Lax | Simons Foundation". Simons Foundation. Consultado o 2015-11-12. 
  21. "The Abel Prize Laureate 2005". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  22. "Swedish mathematician receives the Abel Prize". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  23. "The Abel Prize Laureate 2006". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  24. "Fields Institute – Thematic Program on Dynamic and Transport in Disordered Systems". Fields Institute for Research in Mathematical Sciences. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  25. "The Abel Prize Laureate 2007". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  26. "The Abel Prize Laureate 2008". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 14-05-2013. Consultado o 23-12-2012. 
  27. "Abel Prize Ceremony 2008". The Royal Norwegian Embassy in Seoul. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  28. "Russian-French mathematician receives the Abel Prize". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2012. 
  29. "The Abel Committee's Citation 2009". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2016. 
  30. Foderaro, Lisa W. (31 de maio de 2009). "In N.Y.U.'s Tally of Abel Prizes for Mathematics, Gromov Makes Three". The New York Times. Consultado o 17-10-2012. 
  31. "The Abel Prize Laureate 2009". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 22-08-2016. Consultado o 9-8-2016. 
  32. "The Abel Prize Laureate 2010". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 14-05-2013. Consultado o 23-12-2012. 
  33. "Dimension-Cruncher: Exotic Spheres Earn Mathematician John Milnor an Abel Prize". Scientific American. Consultado o 23-12-2012. 
  34. "The Abel Prize Laureate 2011". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 14-05-2013. Consultado o 23-12-2012. 
  35. "Hungarian-American Endre Szemerédi named Abel Prize winner". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 30-08-2012. Consultado o 23-12-2012. 
  36. "The Abel Prize Laureate 2012". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 16-09-2012. Consultado o 23-12-2012. 
  37. "The Abel Prize Laureate 2013". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2013. 
  38. "The Abel Committee's Citation 2014". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 22-08-2016. Consultado o 9-8-2016. 
  39. "The Abel Prize Laureate 2014". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 22-08-2016. Consultado o 26-3-2014. 
  40. "The Abel Prize Laureates 2015". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2016. 
  41. "The Abel Committee's Citation 2016". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 02-08-2016. Consultado o 9-8-2016. 
  42. "Sir Andrew J. Wiles receives the Abel Prize" (Nota de prensa). The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 22-08-2016. Consultado o 9-8-2016. 
  43. "The Abel Prize Laureate 2016". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 01-10-2018. Consultado o 15-3-2016. 
  44. "The Abel Prize Laureate 2017". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 26-05-2017. Consultado o 21-3-2017. 
  45. http://www.nasonline.org, National Academy of Sciences -. "Robert Langlands". www.nasonline.org. 
  46. "The Abel Prize Laureate 2018". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 20 de marzo de 2018. 
  47. http://www.nasonline.org, National Academy of Sciences -. "Karen Uhlenbeck". www.nasonline.org. 
  48. "Karen Uhlenbeck first woman to win the Abel Prize". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  49. Chang, Kenneth (19 de marzo de 2019). "Karen Uhlenbeck Is First Woman to Receive Abel Prize in Mathematics - Dr. Uhlenbeck helped pioneer geometric analysis, developing techniques now commonly used by many mathematicians.". The New York Times. Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  50. "Biografía de H. Furstenberg". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  51. "biografía de G. Margulis". 23 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  52. "The Abel Prize Laureates 2021". The Norwegian Academy of Science and Letters. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2021. Consultado o 17 de marzo de 2021. 
  53. "2022: Dennis Parnell Sullivan". abelprize.no. Consultado o 2022-06-02. 
  54. Ansede, Manuel (22 de marzo de 2023). "El argentino Luis Caffarelli gana el ‘Nobel’ de matemáticas por iluminar lo que ocurre en un vaso con hielo". elpais.com (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  55. "The Norwegian Academy of Science and Letters awards the Abel Prize 2023 to Luis A. Caffarelli, The University of Texas at Austin, USA". abelprize.no (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  56. De Ambrosio, Martín (22 de marzo de 2023). "“A nivel de los grandes del siglo”: Luis Caffarelli, el “Messi de la matemática” que ganó el equivalente al Nobel de la disciplina". lanacion.com.ar (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  57. "Prize winner 2024". The Norwegian Academy of Science and Letters. Consultado o 20 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]