Premio Literario Ánxel Casal
Aparencia
O Premio Literario Ánxel Casal foi un certame en lingua galega que puxo en marcha o concello de Santiago en 1996, a iniciativa do IES Arcebispo Xelmírez I. Tiña tres modalidades: poesía, teatro e relato. O seu nome é unha homenaxe a Ánxel Casal, exalcalde compostelán asasinado en agosto de 1936. Entre os seus propósitos cóntase a normalización lingüística do galego.[1] Celebráronse un total de 16 edicións, sendo a última en 2011.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Descrición do Premio Literario Anxel Casal na páxina web do concello de Santiago.
- ↑ Os gañadores do XVI Premio Literario Ánxel Casal exemplifican unha cultura galega viva, na páxina web do Concello de Santiago.
- ↑ Informe de Literatura 2011 do CIRP, páx. 1606.