Premios Ánxel Casal da Edición
Os premios Ánxel Casal da Edición foi un galardón que englobaba distintas modalidades literarias e era xestionado pola Asociación Galega de Editores. Outorgábase aos que se consideraban os mellores libros e autores do ano en lingua galega durante a gala da Noite da edición en Galicia. Desapareceu en 2016 cando a citada gala da edición se xuntou cos premios da AELG e os do gremio de libreiros para crear a Gala do Libro Galego.
Modalidades
[editar | editar a fonte]- Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción
- Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro
- Premio Ánxel Casal ao Libro de Non Ficción
Amais, tamén formaron parte dos premios da edición o Premio Lois Tobío de Tradución, o Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado, o Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil, o Premio Xosefa Iglesias Villaverde ao Libro Educativo, o Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, Premio Xosé María Álvarez Blánquez ao autor/autora ou colectivo de autores.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición 2014 Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine., na blog de Edicións Xerais de Galicia.