Premio Memorial Astrid Lindgren
Premio Memorial Astrid Lindgren | |
---|---|
Tipo | premio literario |
Data de fundación | 2002 |
Nomeado en referencia a | Astrid Lindgren |
País | Suecia |
Na rede | |
http://alma.se/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Premio Memorial Astrid Lindgren (en sueco: Litteraturpriset till Astrid Lindgrens minne e en inglés Astrid Lindgren Memorial Award) é un premio internacional de literatura infantil establecido polo goberno sueco en 2002 para honrar á autora sueca para nenos Astrid Lindgren , nada en 1907 e finada en 2002. O premio é de cinco millóns de SEK, o que o converte no maior premio monetario en literatura infantil e nun dos premios literarios máis ricos do mundo. O custo anual de 10 millóns de SEK (en 2008) está financiado con diñeiro fiscal.[1]
O premio Lindgren recoñece anualmente a unha ou máis persoas vivas e institucións existentes (doce nos primeiros dez anos): persoas polas súas contribucións profesionais e institucións polo seu traballo sostible a longo prazo. En concreto deberían ser "autores, ilustradores, contacontos orais e promotores da lectura" cuxos "traballos sexan de máxima calidade, e co espírito de Astrid Lindgren". O obxecto do premio é aumentar o interese pola literatura infantil e xuvenil, e promover os dereitos dos nenos á cultura a nivel mundial.
É administrado polo Consello das Artes Sueco financiado exclusivamente polo goberno central.[2] Oficialmente, o premio titúlase "Un premio do pobo sueco ao mundo". A cerimonia de entrega do premio está presidida pola princesa herdeira Vitoria de Suecia.
"Os galardoados son elixidos por un xurado con ampla experiencia en literatura internacional infantil e xuvenil, promoción da lectura e dereitos da infancia. Os 12 membros inclúen autores, críticos literarios e estudosos, ilustradores e bibliotecarios. Un membro representa á familia de Astrid Lindgren."
O ciclo anual comeza a máis tardar en decembro uns 9 meses antes de anunciar os nomeados, 15 meses antes de anunciar o gañador e 18 meses antes da presentación.
Gañadores
[editar | editar a fonte]Nos primeiros dezasete ciclos anuais até 2018 houbo 18 destinatarios, quince persoas e tres institucións. Houbo dous premios inaugurais en 2003 e dous de novo en 2005.
Ano | Autor,-a | País |
---|---|---|
2003 | Christine Nöstlinger | Austria |
2003 | Maurice Sendak | Estados Unidos |
2004 | Lygia Bojunga Nunes | Brasil |
2005 | Ryōji Arai | Xapón |
2005 | Philip Pullman | Reino Unido |
2006 | Katherine Paterson | Estados Unidos |
2007 | Banco del Libro | Venezuela |
2008 | Sonya Hartnett | Australia |
2009 | Tamer Institute for Community Education | Palestina |
2010 | Kitty Crowther | Bélxica |
2011 | Shaun Tan | Australia |
2012 | Guus Kuijer | Países Baixos |
2013 | Isol | Arxentina |
2014 | Barbro Lindgren | Suecia |
2015 | Project for the Study of Alternative Education in South Africa (PRAESA) | Suráfrica |
2016 | Meg Rosoff | Estados Unidos/Reino Unido |
2017 | Wolf Erlbruch | Alemaña |
2018 | Jacqueline Woodson | Estados Unidos |
2019 | Bart Moeyaert | Bélxica |
2020 | Baek Hee-Na | Corea do Sur |
2021 | Jean-Claude Mourlevat | Francia |
2022 | Eva Lindström | Suecia |
2023 | Laurie Halse Anderson | Estados Unidos |
Cinco dos gañadores do premio Lindgren gañaron tamén antes o premio internacional Hans Christian Andersen máis antigo polas súas contribucións de por vida á literatura infantil: Sendak e Erlbruch como ilustradores; Nöstlinger, Nunes e Paterson como escritores. En 2020, Woodson tamén gañou o premio Andersen como escritor. (Astrid Lindgren gañou o Premio Andersen en 1958).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rapport, Sveriges Television, 12 de marzo de 2008.
- ↑ Swedish Arts Council Arquivado 15 de xuño de 2008 en Wayback Machine..
- ↑ "Laureates". Astrid Lindgren Memorial Award.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)