Christine Nöstlinger
Christine Nöstlinger, nada en Viena o 13 de outubro de 1936 e finada o 28 de xuño de 2018,[1] foi unha escritora austríaca coñecida polos seus libros infantís. Recibiu un dos premios Astrid Lindgren do Consello das Artes Sueco en 2003, o principal premio de literatura infantil, pola súa contribución á "literatura moza e adulta no sentido máis amplo".[2] Recibiu o premio Hans Christian Andersen pola súa "duradeira contribución á literatura infantil" en 1984[3] e ata 2012 era unha das tres persoas que recibiu ambos os premios internacionais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nöstlinger naceu en Viena e, segundo as súas propias palabras, foi unha nena salvaxe e rabiosa. Tras acabar o instituto quixo converterse en artista e estudo artes gráficas na Academia de Artes Aplicadas de Viena. Traballou uns anos como artista gráfica antes de casar co xornalista Ernst Nöstlinger, co que tivo dúas fillas.[4]
A maioría da produción de Nöstlinger estivo dedicada á literatura infantil, mais tamén escribiu para a televisión, a radio e os xornais. Na súa obra centrouse nas necesidades da infancia, cun ton antiautoritario. Foi coñecida por discutir temas como a raza, o xénero, a sexualidade e a nacionalidade.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]O seu primeiro libro foi Die feuerrote Friederike, publicado en 1970, que ela mesma ilustrou.
Obra traducida ao galego
[editar | editar a fonte]- Das Austauschkind, 1982: Intercambio cun inglés, Planeta & Oxford.
- Einer, 1971: Un, Edicións Xerais de Galicia.
- Gretchen hat Hänschen-Kummer, 1983: Gretchen preocúpase, Oxford University Press.
- Gretchen mein Mädchen, 1988: Gretchen, miña nena, Oxford University Press.
- Gretchen Sackmeier. Eine Familiengeschichte, 1981: Unha historia familiar, Oxford University Press.
- Liebe Oma, deine Susi, 1986: Querida avoa... A túa Susi, SM.
- Liebe Susi, lieber Paul, 1998: Querida Susi, querido Paul, Editorial Galaxia.
- Stundenplan, 1975: Horario de clase, Editorial Galaxia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Christine Nöstlinger, Clear-Eyed Children’s Book Author, Dies at 81". NY Times. 2018-07-24.
- ↑ "Astrid Lingren Memorial Award".
- ↑ The Hans Christian Andersen Awards, 1956–2002. IBBY. Gyldendal. 2002. Austrian Literature Online. Consultado o 2013-08-01.
- ↑ 4,0 4,1 "Christine Nostlinger, children's advocate and social critic".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Christine Nöstlinger |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Christine Nöstlinger". Copia arquivada. Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 26 de agosto de 2023.