Premio de poesía Fermín Bouza Brey
Aparencia
O Premio de poesía Fermín Bouza Brey foi convocado en 1992 polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Cortegada e Ponteareas en dúas modalidades: para alumnos de EXB e para poetas noveis. No caso dos poetas noveis o premio consistía nunha cantidade en metálico e a publicación da obra en Espiral Maior.
O Concello de Vilagarcía de Arousa convocou en solitario o Premio de poesía Centenario Fermín Bouza Brey en 2001, que gañou Emma Pedreira con Os cadernos d'amor e os velenos, instaurando a partir dese momento unha convocatoria bianual.
Obras gañadoras
[editar | editar a fonte]- 1992: Liques na memoria de Rafa Vilar.
- 1993: Flor de tan mal xardín de Isolda Santiago.
- 1994: Elevar as pálpebras de Yolanda Castaño.
- 2001: Os cadernos d'amor e os velenos de Emma Pedreira.
- 2003: Cidades de area de Xurxo Alonso.
- 2005: Poesía en ruta de Xerardo Quintiá.
- 2007: A árbore seca de David Souto.[1]
- 2009: premio deserto.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (12 de maio de 2007). "El vilagarciano David Souto Alcalde gana el premio de poesía Fermín Bouza Brey". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2024.
- ↑ asociacionescritoras-es (2010-10-05). "O premio de poesía Fermín Bouza-Brey queda deserto en 2010". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2024-05-09.