Premio de poesía Martín Codax
Aparencia
O Premio de Poesía Martín Codax foi un afamado premio literario convocado polas bodegas Martín Códax de Cambados entre 1992 e 2000. O premio estaba patrocinado polo Concello de Vigo e as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. As obras premiadas foron editadas pola Editorial Galaxia dentro da colección Dombate.[1]
Obras gañadoras
[editar | editar a fonte]- 1992: Antiga Claridade de Xavier Rodríguez Barrio
- 1993: Ritos de auga de Xosé Manuel Vélez
- 1994: Canta de cerca a morte de Darío Xohán Cabana
- 1995: Contra mar de Xesús Franco González
- 1996: As certezas do clima de Miguel Anxo Fernán-Vello
- 1997: Ningún camiño de Román Raña
- 1998: Setembro de Marta Dacosta
- 1999: non se convocou
- 2000: Libra de Gonzalo Navaza
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Catálogo da colección Dombate Arquivado 07 de febreiro de 2016 en Wayback Machine..