Xosé Manuel Vélez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | filólogo, escritor, profesor de ensino secundario |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
Xosé Manuel Vélez Latorre, nado en Ourense en 1963, é un poeta e latinista galego.
Biografía
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía clásica na Universidade de Salamanca e Filoloxía xermánica na de Würtzburg (Alemaña). Actualmente exerce como profesor de latín no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. Tamén é crítico literario na prensa galega.
Obra
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa obra poética con Ritos de auga (1993), co que gañou o II Premio de poesía Martín Codax. Este poemario continúa a liña de Gonzalo Navaza en Fábrica íntima, de continuas referencias ao mundo greco-latino e de forte presenza da metaliteratura, referencias continuas e citas explícitas.
En Contra saudade (1996, accésit do Premio de poesía Miguel González Garcés), o seu segundo poemario, fai unha reflexión sobre a saudade.
En xeral, a súa poesía caracterízase polo cultismo, a narratividade, o distanciamento entre autor e voz poética, os xogos irónicos e o simbolismo.