Projecto Mourente
Projecto Mourente | |
---|---|
Orixe | Santiago de Compostela, |
Período | 2006- |
Xénero(s) | Electrónica |
Selo(s) discográfico(s) | A Regueifa Plataforma |
Na rede | |
Blog de Projecto Mourente |
Projecto Mourente é o nome do proxecto musical lanzado por Carlos Valcárcel, músico afeccionado natural de Mourente (Pontevedra).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2001, Valcárcel comeza a elaborar na súa casa cancións de pop electrónico en galego. En 2004, colabora coa Factoría Teatro compondo a música para a obra infantil Iesi cebola contra a doutora Rabia Rabiña, de Xavier Picallo. En 2006, lánzase no selo A Regueifa unha compilación de temas baixo o título Baixo os eucaliptos e baixo licenza Creative Commons. Malia a súa precariedade técnica, o álbum logrou certa popularidade, sobre todo con cancións como "Comos os caranguejos" (remesturado por Fanny + Alexander), "Que me enterrem na discoteca", "Mais heteros (que os heterossexuais)" e o propio "Baixo os eucaliptos". Nese mesmo ano, o proxecto compuxo unha das sintonías do programa radiofónico E-music.
Durante 2007, e a pesar de que ese non era o seu obxectivo inicial, o Projecto Mourente realizou, xa coa incorporación de Yolanda Valcárcel, diversas actuacións ao vivo grazas á colaboración de The Homens. As colaboracións tamén se estenderon ao dúo compostelán Fanny + Alexander, a quen o Projecto Mourente mesturou dous temas publicados no álbum "Finais dos 70s, comezo dos 80s". No mesmo 2007, o Projecto Mourente participou no disco colectivo de artistas galegos Manifesto Dobarrista cunha versión de "Corpiño Xeitoso".
En maio de 2008, lanza Kara.o.ke, o segundo álbum do proxecto, de novo na Regueifa. O lanzamento na rede fíxose cun clip do tema "Os piores inimigos". Neste segundo traballo colaboraron diferentes artistas como Noel Feáns de Fanny + Alexander, Martin Wu de The Homens, Cable ou Colectivo Oruga. Ademais das voces de Carlos e Yolanda, tamén contou coa colaboración de Xan Vázquez, quen xa cantara con Projecto Mourente na versión de "Corpiño Xeitoso". Con "Kara.o.ke", o proxecto continúa a liña iniciada no primeiro traballo con cancións bailábeis de pop electrónico programadas e gravadas nun simple estudio caseiro.
No verán de 2008, o tema "Chuliboy" resulta finalista no concurso A Polo Ghit. En decembro de 2008 os lectores do Xornal de Galicia escolleron Kara.o.ke como un dos mellores discos galegos do ano. Durante 2008 e 2009 o Proxecto Mourente continuou dando concertos en diferentes lugares de Galiza. Na primavera de 2010, o guitarrista Álex Lópex Sueiras deixa o proxecto e suspéndense os concertos. O proxecto Mourente céntrase entón na elaboración dun novo álbum.
Entre 2010 e 2011, Carlos Valcárcel participa no programa de dinamización lingüística "Detrás da Canción". Xunto cos The Homens percorre ao redor de 50 concellos galegos mostrando a nenos e adolescentes as posibilidades que ofrecen os computadores persoais e os tablets para facer música na casa.
No final de 2011, as demos do novo álbum do Projecto Mourente entran no estudio de Tomás Ageitos. O 16 de xaneiro de 2012 lánzase finalmente á rede "Ao teu redor", un tema de adianto acompañado dunha nova versión de "Baixo os eucaliptos".
Discografía
[editar | editar a fonte]Baixo os eucaliptos (2006)
[editar | editar a fonte]- "Só com falar"
- "Como os caranguejos"
- "Tanto amor"
- "Baixo os eucaliptos"
- "Sorrisos"
- "Que me enterren na discoteca"
- "Nom me impressionas"
- "Volve-te quere"
- "Máis heteros (que os os heterossexuais)"
- "Final de mês"
- "Lágrimas"
Kara.o.ke (2008)
[editar | editar a fonte]- "Demasiado popi"
- "Cobro em B"
- "Chuliboy"
- "Nada muda"
- "Controla-te"
- "Karaoke"
- "Vamos queimar Paris"
- "Nom tés cargo"
- "Os piores inimigos"
- "Por adiante e por atrás"
- "Eu só"
- "Non podo máis (versión do tema de The Homens)"
- "Chuliboy (Cable Remix)"
- "Combro em B (Fanny & Alexander Remix)"
- "Demasiado popi (Unser Oruga Remix)"
A pior (2012)
[editar | editar a fonte]- "Afilia-te!"
- "Vou para pior"
- "Ao teu redor"
- "A revolta dos cosmopailães"
- "Quando vás a Portugal"
- "Feliz assim"
- "Lei e ordem"
- "Se caio"
- "Por quê es tam falso?"
- "Alguém que me queira"