Saltar ao contido

Manifesto Dobarrista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manifesto Dobarrista é un duplo CD lanzado no ano 2007 pola Regueifa Plataforma, Falcatruada e Lonxa Cultural como tributo a Andrés do Barro. Reúne a 30 grupos do panorama musical galego, en especial de estilos próximos ao pop e ao rock.

O proxecto culmina unha serie de iniciativas dos anos precedentes nos que se pretendeu dignificar e recuperar a figura do artista ferrolán, actualizando o seu legado e afastándoo das visións oficialistas precedentes. Tamén se pretende recuperar a influencia de Andrés do Barro como compositor de cancións populares e comprometido cultural e politicamente. O disco constitúe a primeira homenaxe desta envergadura que non ven feita directamente polos medios de comunicación do goberno galego. Algunhas das iniciativas que reivindicaron a figura de Andrés do Barro a principios do século XXI foron a web Saudade de ti, e o blog A Regueifa conducido por Noel Feáns, onde se puxeron a circular algúns machucos que combinaban cancións do cantante galego con outras de grupos galegos contemporáneos ou de grupos míticos da escena pop e rock internacional. Tamén se consideraron un precedente as actuacións do grupo Safari Orquestra durante o recital Ao pé da letra do ano 2005, onde presentaron unha versión trip-hop da canción "Teño saudade", incorporada máis tarde ao disco.

O traballo contou co apoio da familia de Andrés do Barro. Andrea Lapique, filla do cantante, contribuíu cun texto para acompañar ao disco, e aparece recitando versos do seu pai na canción de Fanny + Alexander. Xurxo Souto e o poeta Daniel Salgado acompañan tamén con textos seus a presentación do disco.

Lista de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "O Tren" (Elodio y los seres queridos)
  2. "Corpiño xeitoso" (Projecto Mourente)
  3. "Llorar por llorar" (6PM)
  4. "Meu amor" (Fanny + Alexander con Andrea Lapique Do Barro)
  5. "Con máis amor" (The Homens)
  6. "Teño saudade" (Safari Orquestra)
  7. "Homes" (Samesugas)
  8. "O meu pequeno pobo" (Zimmer 103)
  9. "Maruxiña" (Iribarnes)
  10. "Un poquiño de mambo... ou así" (Colectivo Oruga)
  11. "San Antón" (The Policarposound Inc.)
  12. "Vou a Bueu" (O Leo i Arremecághona!!!/o Kolhóz)
  13. "A uns ollos verdes" (Hanom Ausse)
  14. "Rapaciña" (Noise Project)
  15. "Adeus, adeus" (Misquious)
  1. "O Tren" (Niño y Pistola)
  2. "Por non poder" (Boy Elliott & The Plastic Bags)
  3. "Noite de estrelas" (Narf)
  4. "Salgueiro" (Ectoplasma)
  5. "Pra che falar de amor" (Ataque Escampe)
  6. "Pois eu" (Quant)
  7. "¡Pum!" (Annie Hall)
  8. "Pandeirada" (Nouvelle Cuisine)
  9. "As namoradiñas" (Nalda)
  10. "Virando louco" (Os da Ría)
  11. "Hoxe voltei pra casa" (Huéspedes Felices)
  12. "Corpiño xeitoso" (Tesouro)
  13. "San Antón" (Jules, Jim & Catherine)
  14. "Quiero hacer mi casa en el cielo" (Todo el largo verano)
  15. "Fogar de Breogán" (The Rexurdidos)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]