Samesugas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2013.) |
Samesugas | |
---|---|
Orixe | Santiago de Compostela, Galiza |
Xénero(s) | Garage, Rock, Punk |
Selo(s) discográfico(s) | Lixo Urbano, H-Records, Bad Attitude! Records |
Na rede | |
Samesugas é un grupo galego de rock and roll con son garage, formado en Santiago de Compostela en 1999. Cantan en inglés e galego, e está constituído por antigos formantes doutros grupos como Fame Neghra e Dirty Barriguitas. Está composto por Joaquín (guitarra e voz), Alberte (baixo), Álex (guitarra) e Ramón (batería).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa discografía até o ano 2006 estaba formada basicamente por sinxelos e EP's, e foron seleccionados para varios recompilatorios. Un deses traballos colectivos e o tributo a Turbonegro en 2002, no que participan cunha versión en galego da canción "I fucked Betty Page". Nese mesmo ano editaron un vinilo titulado Machine in your brain, que foi reeditado en CD en 2006. No ano 2003 fixeron unha xira por Finlandia.
O seu primeiro traballo longo foi Alá vai!, no ano 2007. Nese mesmo ano versionaron para Manifesto Dobarrista, o disco colectivo tributo a Andrés do Barro, a súa canción "Homes". En marzo do 2008, e xunto con The Homens, unha banda amiga coa que comparten comezos, sacaron en vinilo o EP conxunto The Homens Vs. Samesugas, no que ambos os grupos intercambian versións e inclúen tamén temas novos.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Pocket Monsters EP (Lixo Urbano, 2000)
- Single compartido con Garage 13, cos temas "Psyche's Hell" e "Move-Te!" (Bad Attitude! Records, 2003)
- Machine In Your Brain (H-Records, 2003; Lixo Urbano, 2004; Lixo Urbano e H-Records, 2006)
- Alá vai! (H-Records, 2007)
- The Homens Vs. Samesugas (Lixo Urbano, Crack! Records, 2008)
- Samesugas Vs. Marcelo Pocavida & The Viagra Boys (Rastrillo Records, Argentina, 2008)
- They are Out There (Lixo urbano, Galiza, 2011)
Participación en recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Killer Lixo Vol. 2 (Lixo Urbano, 2001)
- Alpha Motherfuckers (Bitzcore, 2001, co tema "I Fucked Betty Page").
- Riot on the Rocks Vol. 5 (Safety Pin Records, 2002)
- A Collection Of Great Dance Tunes - Vol 2 (HDP Records, 2002, co tema "Muito Para Ti").
- Rawk 'N' Roll Revolution CD (Myrmecoleo Records, 2002, co tema "Machine In Your Brain").
- Manifesto Dobarrista (A Regueifa Plataforma, Falcatruada e Lonxa Cultural, 2007, co tema "Homes").