Niño y Pistola
Niño y Pistola | |
---|---|
Orixe | Baiona, Galicia |
Xénero(s) | folk rock |
Membros | Manuel H. Portolés (voz e guitarra), Enrique Esmerode (batería), Raúl Diz (guitarra e coros), Ramón Martín (teclados) Arcadio G. Nóvoa (guitarra acústica) e Álvaro A. Rivera (baixo) |
Na rede | |
http://www.ypistola.com | |
Niño y Pistola é unha banda galega de folk rock, creada en 2004 en Baiona. Está formada por Manuel H. Portolés (voz e guitarra), Enrique Esmerode (batería), Raúl Diz (guitarra e coros), Ramón Martín (teclados) Arcadio G. Nóvoa (guitarra acústica) e Álvaro A. Rivera (baixo).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A formación inicial estaba composta por Manuel H. Portolés (voz e guitarra), Enrique Esmerode (batería), Ramón Martín (guitarra e coros) e Álvaro A. Rivera (baixo). Logo de autoeditaren dúas de maquetas, en 2006 o selo catalán Mulberry Records sacou á luz o seu primeiro longa duración, Como un maldito guisante, gravado nos Estudios Abrigueiro por Arturo Vaquero. Pouco despois o grupo pasou a ser representado por Ernie Producciones, a oficina de management de Josiño Carballo. Nese mesmo ano Niño y Pistola formou parte do disco tributo a Andrés do Barro, Manifesto Dobarrista, para o que gravaron unha versión da canción "O Tren".
En 2008 ficharon por Astro Discos e editaron o seu segundo traballo, Culebra, de novo gravado nos Estudios Abrigueiro baixo a supervisión de Arturo Vaquero. Raúl Diz substituíu na guitarra a Ramón Martín, e en 2010 a banda gravou o seu terceiro disco, As Arthur and th Writers, no estudo Casa de Tolos por Segundo Grandío (ex Siniestro Total); e coa colaboración de Charlie Bautista (Tulsa, Amigos Imaginarios, Jero Romero), ós teclados. Editado por Ernie Records, o selo creado pola súa oficina de management, este disco supuxo un cambio de son para Niño y Pistola, pasando dun rexistro completamente acústico e británico a un eléctrico e máis estadounidense. O álbum tamén supuxo un paso adiante na súa carreira: a súa xira levounos a festivais como o Sonorama, o Primavera Sound ou a Radio Encendida de Radio 3.
En 2013 Ramón Martín regresou á banda, tocando os teclados, e entrou Arcadio G. Nóvoa na guitarra acústica. Nese ano editaron o seu cuarto disco, There’s a Man with a Gun Over There, gravado nos Estudios A Ponte por Tomás Ageitos e editado polo selo galego Ernie Records. Trátase dun disco conceptual vinculado directamente á crise actual do sistema. Conta coas colaboracións de Charlie Bautista nos teclados e Álvaro Lamas (Los Limones na pedal steel guitar.
Influencias
[editar | editar a fonte]Nos seus comezos o son de Niño y Pistola baseábase nas guitarras acústicas chegando ser moi similar ó son de Violent Femmes ou de Arizona Baby. O seu estilo era pop de corte eminentemente británico. As súas influencias máis evidentes eran bandas clásicas como The Beatles ou The Kinks.
A partir do seu terceiro disco o son da banda electrificou e achegou máis a un estilo folk-rock americano de corte clásico, tomando como principais influencias o son das bandas da costa oeste dos Estados Unidos como Crosby, Stills, Nash and Young, The Band o The Byrds.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Como un maldito guisante (Mulberry Records, 2006)
- Culebra (Astro Discos, 2008)
- As Arthur And the Writers (Ernie Producciones, 2010)
- There's a Man with a Gun Over There (Ernie Producciones, 2013)