Provincia autónoma de Bolzano
Provincia autonoma di Bolzano— Alto Adigeнем. Autonome Provinz Bozen — Südtirolладинск. Provinzia Autonoma de Bulsan — Südtirol (it) Autonome Provinz Bozen — Südtirol (de) Provinzia Autonoma de Bulsan — Südtirol (lld) | |||||
Epónimo | Condado Principesco do Tirol (pt) e sur | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión con estatuto especial | Trentino-Tirol do Sur | ||||
Capital | Bolzán | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 531.178 (2018) (71,78 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana lingua alemá Lingua ladina | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7.400,43 km² | ||||
Comparte fronteira con | Provincia de Belluno Zell am See (distrito) (pt) Schwaz (pt) Innsbruck-Land (pt) Imst (pt) Lienz (pt) Provincia de Sondrio Grisóns Provincia autónoma de Trento Landeck (pt) | ||||
Creación | 1948 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of South Tyrol (en) | ||||
• President of South Tyrol (en) | Arno Kompatscher (2014–) | ||||
Órgano lexislativo | Landtag of South Tyrol (en) Circunscrición: sen valor, (Escano: 35) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39100 e 39010–39059 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0472, 0473, 0474, 0463 e 0471 | ||||
ISO 3166-2 | IT-BZ | ||||
Código NUTS | ITH1 | ||||
Identificador ISTAT | 021 | ||||
Páxina web | home.provincia.bz.it | ||||
A Provincia autónoma de Bolzano é unha provincia da rexión italiana de Trentino-Tirol do Sur. Á capital é Bolzano (en alemán Bozen, en ladino Bulsan ou Balsan).
Topónimo
[editar | editar a fonte]En italiano a provincia é oficialmente Provincia Autonoma di Bolzano – Alto Adige, pero por costume emprégase só Alto Adige. Este é un nome xeográfico de orixe francesa (Haut-Adige), imposto durante a ocupación napoleónica, que fai referencia ao río Adige nado nesta provincia.
O topónimo oficial alemán é Autonome Provinz Bozen – Südtirol, pero na linguaxe popular úsase simplemente Südtirol, nome que corresponde á rexión histórica e xeográfica do Tirol, unidade administrativa do Imperio Austrohúngaro até o ano 1918. Os habitantes de lingua alemá definen Tirol do Sur como Land (como os Länder de Alemaña e Austria) en vez de provincia.
En lingua ladina esta rexión denomínase Provinzia Autònoma de Bulsan – Südtirol, como tamén Südtirol.
A Constitución de Italia (art. 116) recoñece desde o 18 de outubro de 2001 a versión italiano-alemá Alto Adige/Südtirol.
Ademais todos os topónimos deber ser bilingües, ou trilingües nas zonas ladinas. A maioría das denominacións xeográficas italianas son achegadas por Ettore Tolomei, autor do Prontuario dei nomi locali dell'Alto Adige.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A provincia limita polo norte e polo leste cos estados austríacos de Tirol e Salzburgo, polo oeste con Suíza (Cantón dos Grisóns), polo sueste coa provincia de Belluno (rexión do Véneto), polo sur coa Provincia autónoma de Trento e polo suroeste, co paso do Stelvio, coa provincia de Sondrio (rexión da Lombardía).
O territorio é enteiramente montañoso, o Ortles (Ortler en alemán) é con 3.905 metros o cumio máis alto. Ademais está irrigado por varios cursos de auga: o Adigio/Etsch, o Isarco/Eisack, o Rienza/Rienz, o Passirio/Passer, o Talvera/Talfer. Tamén existen algúns lagos: Lago di Resia/Reschensee, Lago di Caldaro/Kalterer See, Lago di Monticolo/Montiggler See, Lago di Braies/Pragser Wildsee, Lago di Varna/Vahrner See.
Organización territorial
[editar | editar a fonte]A provincia autónoma de Bolzano consta de 116 concellos, que se agrupan en oito distritos.
Distritos
[editar | editar a fonte]Os distritos (comunità comprensoriali en italiano ou ben Bezirksgemeinschaften en alemán) son:
- Val Venosta/Vinschgau
- Burgraviato/Burggrafenamt
- Oltradige-Bassa Atesina/Überetsch-Unterland
- Bolzano/Bozen
- Salto-Sciliar/Salten-Schlern
- Valle Isarco/Eisacktal
- Alta Valle Isarco/Wipptal
- Val Pusteria/Pustertal.
Maiores comunas
[editar | editar a fonte]Municipio (italiano) | Municipio (alemán) | Habitantes |
---|---|---|
Bolzano | Bozen | 103.088 |
Merano | Meran | 35.602 |
Bressanone | Brixen | 19.504 |
Laives | Leifers | 15.962 |
Brunico | Bruneck | 14.148 |
Appiano sulla Strada del Vino | Eppan an der Weinstraße | 13.325 |
Lana | Lana | 10.458 |
Caldaro sulla strada del vino | Kaltern an der Weinstraße | 7.307 |
Renon | Ritten | 7.147 |
Sarentino | Sarntal | 6.669 |
Castelrotto | Kastelruth | 6.247 |
Vipiteno | Sterzing | 5.947 |
Silandro | Schlanders | 5.908 |
Valle Aurina | Ahrntal | 5.641 |
Naturno | Naturns | 5.201 |
Laces | Latsch | 5.050 |
Chiusa | Klausen | 4.622 |
Ortisei | St. Ulrich in Gröden | 4.499 |
Linguas
[editar | editar a fonte]A maioría da poboación fala un dialecto alemán, algo menos dun terzo ten o italiano como lingua materna e unha pequena minoría é de fala ladina.
Galerías de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Bolzano/Bozen
-
Bolzano/Bozen: Pórticos
-
Merano/Meran
-
Bressanone/Brixen
-
Laives/Leifers
-
Brunico/Bruneck
-
Brunico/Bruneck
-
Castelo Tirol
-
Sciliar/Schlern
-
Tre Cime di Lavaredo/Drei Zinnen
-
Catinaccio/Rosengarten
-
Croda dei Baranci/Birkenkofel
-
Sassolungo/Langkofel
-
Gruppo del Sella/Sellajoch
-
Similaun
-
Latemar
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Provincia autónoma de Bolzano |