Saltar ao contido

Provincia de Belluno

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Belluno
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°08′27″N 12°12′56″L / 46.140833333333, 12.215555555556
PaísItalia
RexiónVéneto Editar o valor en Wikidata
CapitalBelluno (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Agordo (pt) Traducir
Alano di Piave
Alleghe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 61+
Poboación
Poboación209.550 Editar o valor en Wikidata (56,99 hab./km²)
Xeografía
Superficie3.677 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Sucedido porZona Operacional do Sopé dos Alpes (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• President of the Province of Belluno (en) Traducir Editar o valor en WikidataRoberto Padrin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoProvincial Council of Belluno (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32100 e 32010–32047 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0435, 0436, 0439 e 0437 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2IT-BL Editar o valor en Wikidata
Código NUTSITH33 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT025 Editar o valor en Wikidata

Páxina webprovincia.belluno.it Editar o valor en Wikidata

Belluno é unha provincia italiana da rexión do Véneto. Limita polo norte con Austria (Tirol e Carintia), polo leste con Friúl-Venecia Xulia (provincia de Udine e provincia de Pordenone), polo sur coa provincia de Treviso e coa provincia de Vicenza, e polo oeste con Trentino-Tirol do Sur (provincia de Trento e a provincia de Bolzano).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A provincia, extensa, e case enteiramente montañosa, abarca as rexións xeográficas do Cadore, do Feltrino, do Alpago, do Val di Zoldo e do Agordino.

A sección oriental da cadea montañosa dos Dolomitas ocupa gran parte da provincia, con importantes cumios coma o Tofane, as Tre Cime di Lavaredo, o Monte Pelmo, o Monte Civetta, o monte da Marmolada e o da Pale di San Martino (estes dous últimos nos límites co Trentino).

A provincia é rica en recursos hídricos. O maior río é o Piave, cos afluentes Boite e Cordevole.

Na parte meridional da provincia esténdese un territorio maioritariamente chan, a Valbelluna, sobre o que se perfilan os Prealpes vénetos (grupo do Schiara, monti del Sole, macizo de Grappa) e se acha o Parque Nacional dos Dolomitas Belluneses.

Os centros principais da provincia (á parte da capital, Belluno) son Feltre, Cortina d'Ampezzo, Agordo, Pieve di Cadore, Mel e Sedico.

Economía

[editar | editar a fonte]

Durante un tempo, a economía do territorio baseábase nos pastos e nunha rudimentaria agricultura de montaña. Agora a agricultura é pouco significativa, limitada a cultivos menores, como o cultivo de fabas no altiplano de Lamon.

Posúe un dos distritos industriais máis importantes do nordeste, en particular nas zonas do Agordino e de Cadore. En Agordo ten a súa sede Luxottica, unha das industrias italianas de óptica máis activas a nivel internacional. En Longarone está presente un establecemento de Safilo.

Un dos sectores importantes da economía é o turismo: a provincia de Belluno ten numerosas estacións de esquí, entre as que destacan Cortina d'Ampezzo, Alleghe, Auronzo di Cadore, Falcade, Arabba, Sappada, Alpe del Nevegal e en xeral as zonas do Cadore e do Agordino.

Minorías lingüísticas

[editar | editar a fonte]

Na provincia están presentes algunhas minorías lingüísticas, tuteladas no estatuto provincial:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]