Provincia de Chaiyaphum
จังหวัดชัยภูมิ (th) | |||||
Lema | «ชัยภูมิ เมืองผู้กล้า พญาแล» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Monarquía constitucional | Tailandia | ||||
Capital | Chaiyaphum | ||||
Contén a división administrativa | Bamnet Narong (en) Ban Khwao (en) Ban Thaen (en) Chatturat (en) Kaeng Khro (en) Kaset Sombun (en) Khon San (en) Khon Sawan (en) Mueang Chaiyaphum (en) Noen Sa-nga (en) Nong Bua Daeng (en) Nong Bua Rawe (en) Phakdi Chumphon (en) Phu Khiao (en) Sap Yai (en) Thep Sathit (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.137.049 (2014) (88,98 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua nyah kur (pt) Phuan (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 12.778,287 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36 | ||||
ISO 3166-2 | TH-36 | ||||
Páxina web | chaiyaphum.go.th |
Chaiyaphum (en tailandés: ชัยภูมิ) é unha provincia do nordeste da Tailandia. A súa capital é a cidade de Chaiyaphum.
As provincias tailandesas limítrofes son, empezando polo norte e seguindo o sentido das agullas do reloxo: Khon Kaen, Nakhon Ratchasima, Lopburi e Phetchabun.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]“Chai ya” é de orixe sánscrita e significa vitoria, e a palabra do sánscrito Phum Bhumi significa o mundo ou a terra. O nome da provincia significa literalmente a terra da vitoria.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A provincia pártese en dous mediante a cordilleira de Phetchabun, coa elevación máis alta da provincia. O leste da provincia pertence á meseta de Khorat. Existen catro parques nacionais na provincia. O parque nacional Tat Thon atópase no nordeste da provincia, con algunhas cascadas e bosques secos de dipterocarpaceas. O punto turístico máis importante atópase no parque nacional Sai Thon, coa fervenza Sai Thong, como tamén con campos de tulipáns tailandeses. Campos similares poden ollarse tamén no parque nacional Pa Hin Ngam no suroeste da provincia. Este parque ten a súa fama polas formacións rochosas de formas estrañas que contén. O parque nacional Phu Laenkha cobre unha área de montes arborados ao noroeste da cidade de Chaiyaphum.
Símbolos
[editar | editar a fonte]O selo provincial é unha bandeira triangular que é o símbolo da vitoria na guerra.
A árbore da provincia é a Cassia siamea, e a flor é a Curcuma alismatifolia.
O lema da provincia é: "Cidade enmeigada, lar de heroes, de picos de montañas, bosques de elefantes, fervenzas, bonita seda, encantadoras mulleres, budistas conscientes..
Distritos
[editar | editar a fonte]A provincia está subdividida en 15 distritos (amphoes) e 1 subdistrito (king amphoe). Os distritos e subdistritos son á súa vez divididos en 124 comunas (tambons), e estas en 1393 poboados (moobans).
Amphoe | King Amphoe | |
---|---|---|