Provincia de Cunene
- Non confundir coa rexión de Kunene, de Namibia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Angola ![]() | ||||
Capital | Ondjiva (pt) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 990.087 (2014) ![]() | ||||
Lingua usada | Lingua kwanyama Zemba (en) ![]() Nyaneka (en) ![]() Nkhumbi (en) ![]() Nyemba (en) ![]() Mbwela (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 87.342 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 035 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | AO-CNN ![]() | ||||
![]() |
Cunene é unha das 18 provincias en que se divide administrativamente Angola, localizada na rexión sur do país.
A súa capital é a cidade de Ondijiva, no municipio de Cuanhama.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao leste coa provincia de Namibe, ao norte coa provincia de Huíla, ao oeste coa provincia de Cuando Cubango e ao sur con Namibia, a través do río Cunene, que marca a fronteira entre ambos os países.
A provincia comprende os municipios de Cahama, Cuanhama, Curoca, Cuvelai, Namacunde e Ombadja.
É nesta provincia na que o río Cunene toma o seu nome.
Segundo as proxeccións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística de Angola, ten unha poboación de 1 121 748 habitantes,[1] e unha superficie de 78 342 km².[2]
A provincia de Cunene é a que ten menos homes para cada grupo de cen mulleres.[3]
Ten un clima tropical seco. Os seus principais cultivos son o millo, a iuca e as hortalizas.
Tamén se explotan o ferro e o cobre.
Poboación dos municipios
[editar | editar a fonte]Poboación estimada en xullo de 2018.
- Cahama, 79 379 hab.
- Cuanhama, 424 306 hab.
- Curoca, 46 556 hab.
- Cuvelai, 65 026 hab.
- Namacunde, 160 992 hab.
- Ombadja, 345 490 hab.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schmitt, Aurelio (3 de febreiro de 2018): "Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018". Revista Conexão Emancipacionista.
- ↑ "Provincia de Cunene" (en portugués). Ministério da Administração do Território. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2013. Consultado o 9 de agosto de 2019.
- ↑ Dados Preliminares do Censo 2014 Arquivado 11 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en portugués).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Elisete Marques da Silva (2003): Impactos da ocupação colonial nas sociedades rurais do Sul de Angola. Lisboa: Centro de Estudos Africanos/ISCTE - Instituto Universitário de Lisboa.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dados Preliminares do Censo 2014 Arquivado 11 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en portugués).
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |