Provincia marítima de Vigo
Aparencia
A provincia marítima de Vigo, é unha das cinco provincias marítimas coas que o Ministerio de Fomento divide as costas galegas.
O seu porto máis importante é o Porto de Vigo. De norte a sur consta dos seguintes distritos marítimos:
- Portonovo (Sanxenxo): Dende punta Faxilda até o río Lérez.
- Marín: Dende o río Lérez até a Illa de San Clemente.
- Bueu: Dende a Illa de San Clemente até punta Morcegos. Incluíndo a Illa de Ons e a Illa de Onza.
- Cangas: Dende punta Morcegos ata punta Domaio.
- Redondela: Dende punta Domaio ata o río Grila.
- Vigo: Dende o río Grila ata cabo Estai. Incluíndo as Illas Cíes.
- Baiona: Dende cabo Estai ata punta Orelluda.
- A Guarda: Dende punta Orelluda polo río Miño ata a confluencia co río Barxas.