Saltar ao contido

Illa de Onza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla de Onza
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaría de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBueu, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°18′N 8°54′O / 42.3, -8.9
Características
Superficie0,32 km² Editar o valor en Wikidata

A Illa de Onza, ou Onceta, é unha illa galega do arquipélago das Illas Ons, que está a 600 metros ao sur da Illa de Ons. Esta illa pontevedresa pertence a Bueu e forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galiza.

É unha illa de 32 hectáreas con forma rectangular, e cun perfil relativamente alto (o seu cumio acada os 84 metros de altura). As súas costas son escarpadas, se ben conta con dúas pequenas praias ao norte (praia das Moscas) e ao sur (Porto do Sol), case inaccesibles por estaren baixo fortes cantís e arrodeadas de escollos. Está cuberta de vexetación arbustiva e, sobre todo na súa parte occidental, é un importante lugar de aniñamento de aves mariñas. Pese ao seu tamaño carece de árbores e non conta con ningunha construción agás un barracón construído polos militares.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]