Saltar ao contido

Illas Briñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas Briñas
Tipoarquipélago Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°36′51″N 8°48′10″O / 42.61422, -8.80284
Características
Superficie5,5 ha Editar o valor en Wikidata

As Illas Briñas son un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forma parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Sitúanse a poñente das Illas Malveiras, ao oeste da Illa de Cortegada. Son dous illotes que suman no seu conxunto 5,5 hectáreas: A Briña e O Con Branco. A maior é A Briña (4 ha), que é baixa, alargada e alternando area con zonas pedregosas. Está cuberta de vexetación herbácea e carece, como o espido Con Branco, de construcións.