Illa de Santa Cruz
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Liáns, España | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Superficie | 19 km² | |||
Illa de Santa Cruz (Illa do Castelo) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada fronte á vila do Porto de Santa Cruz (na parroquia de Liáns, concello de Oleiros). Ten 1,9 hectáreas de superficie. É redonda e lixeiramente montuosa, cuberta de arboredo e xardíns, é unha illa de marea aínda que agora está unida á terra por unha ponte de madeira.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Na illa levántase un castelo, o Castelo de Santa Cruz, mandado construír polo capitán xeneral Diego das Mariñas no ano 1594. O porto coruñés estaba ben defendido polos de Santo Antón e San Diego, pero no ano 1589 a Armada inglesa, mandada por Francis Drake, puido chegar tranquilamente ata o fondo da baía e desembarcar en Oza para iniciar o asalto da Coruña. Isto puxo en claro a necesidade de completar a defensa da baía e de construír unha nova fortaleza na illa de Santa Cruz.
En 1640 termináronse as defensas do castelo, que foi dotado con boas pezas de artillaría. Unha delas, chamada o canón Barranco, alcanzaba os 10 quilómetros (a distancia en liña recta do castelo de Santa Cruz ao de Santo Antón é de catro quilómetros). No século XIX, perdido o seu valor estratéxico, foi adquirido polo xeneral Cavalcanti, quen estaba casado cunha filla de Emilia Pardo Bazán. Levantou no corpo central un pazo para vivenda, pero, ao non ter descendencia, legou a fortaleza en 1938 á Arma de Cabalaría, que o utilizou como residencia estival de orfos de militares.
Hoxe está dedicado á investigación e divulgación científica: é sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O Castelo de Santa Cruz, xunto co castelo de Santo Antón e o de San Diego, foi construído para protexer a ría da Coruña dos ataques marítimos.
-
Fachada traseira do edificio principal do castelo de Santa Cruz.
-
Fachada traseira do edificio principal do castelo de Santa Cruz.
-
Praia de Portocovo e castelo de Santa Cruz.
-
Porto de Santa Cruz coa marea baixa.