Proxección cartográfica
A proxección cartográfica ou proxección xeográfica é un sistema de representación gráfica que establece unha relación ordenada entre os puntos da superficie curva da Terra e os dunha superficie plana (mapa). Estes puntos localízanse axudándose dunha rede de meridianos e paralelos, en forma de malla. A única forma de evitar as distorsións desta proxección sería usando un mapa xeodésico, aínda que a distorsión é minimizada representando un mapa esférico.
Nun sistema de coordenadas proxectadas, os puntos identifícanse polas coordenadas cartesianas (x e y) nunha malla cunha orixe que depende dos casos. Este tipo de coordenadas obtéñense matematicamente a partir das coordenadas xeográficas (lonxitude e latitude), que non son proxectadas.[1]
As representacións planas da esfera terrestre chámanse mapas, e os encargados de elaboralos ou especialistas en cartografía denomínanse cartógrafos.
Propiedades das proxeccións cartográficas
[editar | editar a fonte]Sobre a superficie da Terra poden medirse moitas superficies indepentes da xeografía:
As proxeccións cartográficas poden construírse para conservar algunhas destas propiedades en lugar doutras. A causa de que a superficie curvada da Terra non é isómetrica a un plano, a conservación das formas leva inevitabelmente a unha escala variábel, e polo tanto a unha representación das superficies non proporcional. Polo contrario, unha proxección que conserve as superficies non pode ser conforme, o que provoca que as formas e os rumbos se distorsionen en moitos lugares. Cada proxección conserva, aproxima ou amaña as propiedades métricas de diferentes xeitos. O propósito do mapa determina que proxección debería ser a base do mapa. Como existen propósitos diferentes para os mapas, existen proxeccións diferentes para cada un deles.[2] Segundo a propiedade que posúa unha proxección pode distinguirse entre:
- proxeccións equidistantes, se conservan as distancias.
- proxeccións equivalentes, se conservan as superficies.
- proxeccións conformes, se conservan as formas (ou, o que é o mesmo, os ángulos).
Adoitan establecerse tamén clasificacións en función do tipo de superficie sobre a que se realiza a proxección: cenital (un plano), cilíndrica (un cilindro) ou cónica (un cono); así como a disposición relativa entre a superficie terrestre e a superficie de proxección (plano, cilindro ou cono) podendo ser tanxente, secante ou oblicua.
Tipos de proxeccións cartográficas
[editar | editar a fonte]Dependendo de cal sexa o punto que se considere como centro do mapa, distínguese entre proxeccións polares, con centro nun dos polos; ecuatoriais, con centro a intersección entre a liña do Ecuador e un meridiano; e oblicuas ou inclinadas, que emprega como centro calquera outro punto.
Distínguense tres tipos de proxeccións básicas: cilíndricas, cónicas e acimutais.
Proxección cilíndrica
[editar | editar a fonte]A proxección de Mercator, que revolucionou a cartografía, é cilíndrica e conforme nela, proxéctase o globo terrestre sobre unha superficie cilíndrica. É unha das máis utilizadas, aínda que polo xeral en forma modificada, debido ás grandes distorsións que ofrece nas zonas de latitude elevada, o que impide apreciar as rexións polares na súa verdadeira proporción. Emprégase na creación dalgúns mapamundis. Para corrixir as deformacións en latitudes altas úsanse proxeccións pseudocilíndricas, como a de Van der Grinten, que é policónica, con paralelos e meridianos circulares. É esencialmente útil para ver a superficie da Terra completa.
Proxección cónica
[editar | editar a fonte]A proxección cónica obtense proxectando os elementos da superficie esférica terrestre sobre unha superficie cónica tanxente, situando o vértice no eixe que une os dous polos.[3] Aínda que as formas presentadas son dos polos, os cartógrafos empregan este tipo de proxección para ver os países e continentes.
Hai diversos tipos de proxeccións cónicas:
Proxección acimutal
[editar | editar a fonte]Neste caso proxéctase unha porción da Terra sobre un plano tanxente ao globo nun punto seleccionado, obténdose unha imaxe semellante á visión da Terra dende un punto interior ou exterior. Se a proxección é do primeiro tipo chámase proxección gnomónica; se é do segundo, ortográfica. Estas proxeccións ofrecen unha maior distorsión canto maior sexa a distancia ao momento tangencial da esfera e o plano. Este tipo de proxección relaciónase principalmente cos polos e hemisferios.
Tipos de proxeccións:
- Proxección ortográfica
- Proxección estereográfica
- Proxección gnomónica
- Proxección acimutal de Lambert
Proxeccións modificadas
[editar | editar a fonte]Na actualidade a maioría dos mapas fanse con base en proxeccións modificadas ou combinación das anteriores, ás veces, con varios puntos focais, para corrixir no posible as distorsións en certas áreas seleccionadas, aínda cando se produzan outras novas en lugares aos que se concede importancia secundaria, como son polo xeral as grandes extensións de mar. Entre as máis habituais figuran a proxección policónica de Lambert empregada para fins educativos, e os mapamundis elaborados segundo as proxeccións Winkel-Tripel (adoptada pola National Geographic Society[4]) e Mollweide, que teñen forma de elipse e menores distorsións.
Proxeccións convencionais
[editar | editar a fonte]As proxeccións convencionais xeralmente foron creadas para representar o mundo enteiro (mapamundi) e dan a idea de manter as propiedades métricas, buscando un balance entre distorsións, ou simplemente facer que o mapamundi "se vexa ben". A maior parte deste tipo de proxeccións distorsiona as formas nas rexións polares máis que no ecuador:
- Proxección de Aitoff
- Proxección de Bernard J.S. Cahill
- Proxección de Dymaxion
- Proxección de Goode
- Proxección de Kavrayskiy VII
- Proxección cilíndrica de Miller
- Proxección de Robinson
- Proxección de Van der Grinten
- Proxección de Wagner VI
- Proxección de Waterman
- Proxección de Winkel-Tripel
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miraglia, Marina y otros (2010). "1". Manual de Cartografía,Teleobservación y Sistemas de Información Geográfica (PDF) (en castelán). Los Polvorines, Buenos Aires, Argentina: Universidad Nacional de General Sarmiento. p. 32. ISBN 978-987-630-090-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xuño de 2020. Consultado o 22 de abril de 2020.
- ↑ Miraglia, Marina (2010). "1". Manual de Cartografía, Teleobservación y Sistemas de Información Geográfica (PDF) (en castelán). Los Polvorines, Buenos Aires, Arxentina: Universidad Nacional de General Sarmiento. p. 32. ISBN 978-987-630-090-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xuño de 2020. Consultado o 22 de abril de 2020.
- ↑ Carlos A. Furuti. "Conic Projections"
- ↑ Kessler, Fritz C. (en inglés). A Visual Basic Algorithm for the Winkel Tripel Projection. CBS Resource Library. Consultado o 16 de outubro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Proxección cartográfica |