Saltar ao contido

Proxección conforme cónica de Lambert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema da proxección conforme cónica de Lambert
Proxección conforme cónica de Lambert con paralelos estándar a 15ºN e a 45ºN, co indicador de Tissot de deformación.
Proxección cónica conforme de Lambert con paralelos de estándar a 20ºN e 50ºN. A proxección estende cara o infinito no sur, polo que está cortada a 30ºS.

A proxección conforme cónica de Lambert é unha proxección cartográfica cónica e conforme empregada en cartas aeronáuticas así como en outras representacións nacionais e rexionais. É unha das sete proxeccións introducidas polo matemático, físico, filósofo e astrónomo Johann Heinrich Lambert na súa publicación de 1772 Anmerkungen und Zusätze zur Entwerfung der Land- und Himmelscharten (Notas e Comentarios sobre a Composición de Mapas Celestes e Terreais).[1]

Conceptualmente, a proxección transforma de xeito conforme (conservando os ángulos) a superficie da Terra nun cono. Realízase superpoñendo o cono sobre a superficie da Terra, con dous paralelos de referencia (paralelos estándar) secantes ao globo e intersecándoo. Con isto minimízase a distorsión ocasionada por proxectar unha esfera (tridimensional) sobre un cono (bidimensional). A distorsión é nula ao longo dos paralelos de referencia e increméntase ao afastarnos deles, aínda que se minimiza considerablemente na rexión delimitada polos paralelos de referencia.

Sobre a base da proxección cónica simple con dous paralelos de referencia, Lambert axustou matematicamente a distancia entre paralelos para crear un mapa conforme (que conserve os ángulos).

Os pilotos empregan cartas aeronáuticas baseadas na proxección conforme cónica de Lambert porque unha liña recta debuxada nunha proxección conforme cónica de Lambert aproxima un círculo máximo que á súa vez aproxima á ruta típica das viaxes en avión.

Transformación

[editar | editar a fonte]

As coordenadas dun sistema de referencia xeodésico esférico pódense transformar en coordenadas da proxección conforme cónica de Lambert coa seguinte fórmula:[2]

onde:

e:

Se só se emprega un paralelo estándar (i.e. ), a fórmula anterior para está indeterminada, tómase entón .[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]