Saltar ao contido

Prudencio Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPrudencio Otero

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1847 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1936 Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, político Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1387827


Prudencio Otero Sánchez, nado en Pontevedra en 1847 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1936[1], foi un escritor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vinculado á Pobra do Caramiñal, onde era dono do Pazo do Colo de Arca. Foi deputado provincial, promotor do tranvía de vapor Pontevedra-Marín e presidente do Casino de Pontevedra.

Partidario da tese de Colón pontevedrés, foi autor do libro España, patria de Colón (Madrid, Biblioteca Nueva, 1922). Foi asesor na rodaxe do filme documental Pontevedra, cuna de Colón, estreado por Enrique Barreiro Vázquez en 1927.[2]

Foi amigo e principal socio do Marqués de Riestra, José Riestra López.

Era curmán de Cándida Otero Fontán.[3]

  1. El Diario de Pontevedra, 2-7-1936, p. 3.
  2. "El cine en colores". Vida Gallega (339). 30 de abril de 1937. p. 9. 
  3. Padín Ogando, Fernanda. "Cándida Otero (1846-1915)"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]