Saltar ao contido

Prudencio Rovira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPrudencio Rovira
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de febreiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político, xornalista Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioRovirita Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 9918 BNE: XX1361380

Prudencio Rovira Pita, coñecido como Rovirita, nado en Pontevedra o 21 de setembro de 1870 e finado en Madrid o 29 de febreiro de 1960,[1] foi un avogado, político e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio dos agostiños de El Escorial e na Universidade de Madrid. Especializouse por libre en historia, literatura e arte. Funcionario do Ministerio de Gobernación, dedicouse integramente ao xornalismo, traballando como redactor en El Correo, La Correspondencia de España e El Español de Madrid. Foi secretario particular de Antonio Maura durante a maior parte da súa vida pública (1902-1925). Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ribadeo nas eleccións de 1907 e polo distrito da Pobra de Trives nas eleccións de 1919, 1920 e 1923. Continuou colaborando en periódicos, como Diario de Barcelona e El Diario Español de Buenos Aires. En galego publicou Hirmandade!, un libro de poemas de contido agrarista.

Distincións

[editar | editar a fonte]

Recibiu a Cruz de Carlos III e a Cruz do Mérito Naval.

  1. "Necrología. Don Prudencio Rovira y Pita". El Pueblo Gallego. 3 de marzo de 1960. p. 11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]