Saltar ao contido

Psocodeos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Psocodea

Un psocóptero das codias das árbores

piollo do corpo humano
piollo do corpo humano

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Superorde: Paraneoptera
Orde: Psocodea

Os psocodeos (Psocodea) son un grupo taxonómico de insectos que comprende os psocópteros (chamados en varios idiomas piollos dos libros e piollos das codias) e os verdadeiros piollos (Phthiraptera) .[1] Anteriormente era considerado unha superorde, pero agora é xeralmente considerado polos entomólogos como orde. Malia a gran diferenza en aspecto entre psocópteros e piollos, crese que estes últimos evolucionaron a partir da antiga orde dos "Psocoptera".[2] Psocodea contén unhas 11.000 especies, divididas en sete subordes.[1][3]

  1. 1,0 1,1 P. J. Gullan & P. S. Cranston (2010). "Taxobox 17 – Psocodea: "Psocoptera" (bark lice and book lice)". The Insects: an Outline of Entomology (4th ed.). John Wiley & Sons. p. 479. ISBN 9781444317671. 
  2. C. H. C. Lyal (1985). "Phylogeny and classification of the Psocodea, with particular reference to the lice (Psocodea: Phthiraptera)". Systematic Entomology 10 (2): 145–165. doi:10.1111/j.1365-3113.1985.tb00525.x. 
  3. David Grimaldi & Michael S. Engel (2005). "The paraneopteran orders". Evolution of the Insects. Cambridge Evolution Series. Cambridge University Press. pp. 216–330. ISBN 9780521821490. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.