Ganga
Para o artigo sobre a novela de Antón Lopo, véxase Ganga (libro)
Gangas | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ganga bicinta (Pterocles bicinctus) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Os Pterocliformes son unha orde de aves neognatas que inclúe unha soa familia, Pteroclidae[1] ou Pteroclididae.[2] A orde Pterocliformes non é aceptada por todos os autores, de maneira que a familia Pteroclidae inclúese ás veces entre os Columbiformes ou os Ciconiiformes.[2]
Abrangue os xéneros Pterocles e Syrrhaptes, que adoitan coñecerse como cortizois[3] ou gangas.[4] Entre ambos os dous xéneros suman un grupo de 16 especies do Vello Mundo que viven no campo aberto, chairas e semi-desertos sen árbores.
Características
[editar | editar a fonte]As gangas son pequenas, de pescozo e cabeza semellantes ás pombas, pero de corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e un voo rápido e directo. Posúen patas emplumadas, e o xénero Syrrhaptes teñen emplumados tamén os dedos. Son de cor marrón clara ou verdosa con manchas.
Voan en bandadas aos seus durmideiros ao amencer e á tardiña. Adoitan pór dous ou tres ovos directamente sobre a terra.
Xéneros e especies
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente divídese ás gangas en dous xéneros. Dúas especies de Asia central que son as Syrrhaptes, e o resto son Pterocles, pero estudos recentes pon en dúbida esta división.
- Xénero Syrrhaptes
- Xénero Pterocles
- P. alchata (ganga de barriga branca[5])
- P. namaqua
- P. exustus
- P. senegallus
- P. orientalis (ganga de barriga negra[6] ou cortizol común[7])
- P. coronatus
- P. gutturalis
- P. burchelli
- P. personatus
- P. decoratus
- P. lichtensteinii
- P. bicinctus
- P. indicus
- P. quadricinctus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
- ↑ 2,0 2,1 Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2009.
- ↑ "Entrada cortizol en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 04 de setembro de 2017.
- ↑ "Entrada ganga en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada Chioglossa, 1 (1999): 121-138 e Lista de las aves de España (ES-EN-CT-GL-EU). Sociedad Española de Ornitología, 2005
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ganga |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ganga |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gangas
- Vídeos de Gangas na Colección de Aves en Internet