Saltar ao contido

Podicipédidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Podicipediformes»)

Os podicipédidos (Podicipedidae) son a única familia actual da orde Podicipediformes. Son aves acuáticas cosmopolitas (atópanse en todos os continentes) coñecidas vulgarmente co nome de somorgullos[1] ou mergullóns[2][3].

Características

[editar | editar a fonte]

Son aves acuáticas que a miúdo se mergullan en busca de alimento ou para agocharse dos seus depretadores. Son moi bos mergulladores, bastantes gregarios, voan pouco, necesitan longos intentos para levantar voo, cando camiñan (raramente) en terra, andan ergueitos. Constrúen niños flotantes, pon varios ovos xeralmente branquecinos, que logo toman cor. Son semellantes aos parrulos. Presentan unha plumaxe compacta satinada que adoita ser moi vistosa. Os seus peteiros son cónicos, a é cola rudimentaria, as patas teñen catro dedas lobuladas. Non existe o dimorfismo sexual entre machos e femias. Adoitan ter plumaxes dimórficas estacionalmente, dependendo se se atopan na estación reprodutiva ou non.

As especies de Norte América e Eurasia son migratorias nos seus territorios, con áreas de distribución para invernar e áreas de distribución reprodutivas separadas. As especies de Suramérica, adoitan ser migratorias mais non en todos os casos.

Existen 20 especies divididos en seis xéneros, pertencentes a unha soa familia Podicipedidae:

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia existen seis especies pertencentes á orde Podicipediformes.[2]

Podicipédidos en Galicia
Especie
Autoridade, ano
Nome vulgar
EC
Distribución
Imaxe
Poboación
Podilymbus podiceps
Linnaeus
Mergullón bicogroso
NT
Tachybaptus ruficollis
Pallas
Mergullón pequeno
NT
Podiceps cristatus
Linnaeus, 1758
Mergullón cristado
NT
Podiceps grisegena
Boddaert
Mergullón cincento
NT
Podiceps auritus
Linnaeus, 1758
Mergullón real
EN
Podiceps nigricollis
C. L. Brehm
Mergullón orelleiro
NT
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para somorgullo.
  2. 2,0 2,1 Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005). Baía Edicións., ed. Guía das aves de Galicia. ISBN 84-87674-06-2. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mergullón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]