Punto
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo punto pode facer referencia a:
- En artesanía, o punto de cruz é unha forma popular de bordado na cal se usan puntadas con forma de cruz para formar unha imaxe.
- En astronomía, o punto Aries é o punto en que o sol pasa do hemisferio sur ao norte, cousa que ocorre cara ó 21 de marzo.
- En astronomía, o punto Libra refire o momento no cal o sol pasa do hemisferio norte ao sur, cousa que ocorre cara ó 21 de setembro.
- No baile tradicional galego, o punto é cada unha das figuras ou movementos independentes que realizan os bailadores na xota e na muiñeira.
- En física, a enerxía do punto cero é a enerxía posible máis baixa que un sistema físico mecánico cuántico pode posuír.
- En física, o punto triplo é a temperatura e presión en que coexisten en equilibrio termodinámico o estado sólido, gasoso e líquido nunha substancia.
- En morfosintaxe, o punto é o signo de puntuación que se coloca ó final dos enunciados e as oracións gramaticais no galego ademais de na maioría das linguaxes co alfabeto latino.
- En morfosintaxe, o punto (diacrítico) é un diacrítico que pode ser combinado con algunhas letras do alfabeto latino estendido usado nas linguas de Europa do leste e no vietnamita.
- En crítica literaria, o punto de vista é un concepto utilizado para describir a relación que se dá entre quen "ve" o que acontece e o que "se ve".
- En química, o punto de condensación é a temperatura á cal un elemento ou composto químico pasa do estado gasoso ao estado líquido.
- En química, o punto de ebulición é a temperatura á cal un elemento ou composto químico pasa do estado líquido ao estado gasoso.
- En química, o punto de fusión é a temperatura á cal un elemento ou composto químico pasa do estado sólido ao estado líquido.
- En tipografía, o punto tipográfico é a unidade de medida utilizada en imprenta, a partir da cal se fabrica todo o material tipográfico.
- En xeometría, o punto é un dos entes xeométricos fundamentais, xunto á recta e o plano