Saltar ao contido

Qarabağ Futbol Klubu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Qarabag FK
NomeQarabag Futbol Klubu
Alcume(s)Xinetes de Karabaj
Fundación1987
EstadioAzersun Arena
Inauguración2015
Capacidade5800 persoas
PropietarioAzersun Holding
PresidenteAbdolbari Gözal
AdestradorGurban Gurbanov
LigaPremier Liga de Acerbaixán
2024-2025
VestimentaAdidas
PatrocinadorAzersun
Na rede
https://qarabagh.com/
Facebook: FKQarabagh Twitter: FKQarabagh Instagram: fkqarabagh Youtube: UCOZwPOyg4X4-6dXquPvCG-g Editar o valor en Wikidata

O Qarabağ Futbol Klubu é un club de fútbol acerbaixano, natural de Agdam e que actualmente ten a súa sede en Bakú.[1][2] Na actualidade disputa a Liga Premier de Acerbaixán.

O club fundouse no 1987 constituíndose como o equipo representativo de Agdam, na rexión do Alto Karabaj. En 1993 o club, xunto coa poboación da cidade, viuse obrigada a abandonar Agdam debido ao transcurso da primeira guerra do Alto Karabaj. Desde entón xogou en múltiples cidades até finalmente asentarse en Bakú.[1] En 2015 inaugurou un estadio propio na capital, o Azersun Area, mentres que disputa os partidos de competicións internacionais no estadio Tofiq Bahramov.[2]

O Qarabag gañou a súa primeira liga nacional en 1993, mais durante os seguintes anos mantivo un papel discreto debido aos seus problemas económicos. En 2001, o grupo Azersun fíxose co control da entidade e levou a cabo un profundo investimento para convertela no club dominador do fútbol nacional. Dende entón o Qarabag conquistou sete ligas consecutivas dende 2014 até 2020. Foi gañador tamén das tres últimas edicións da competición, polo que se fixo co título de campión en 10 das últimas 11 tempadas[3].

Por outra banda, tamén foi o primeiro club acerbaixano que logrou clasificarse para a fase de grupos da Liga de Campións da UEFA (2017-18).[2]

Conseguiu clasificarse para a fase final da UEFA Europa League nun total de 9 edicións[4] chegando aos oitavos de final na tempada pasada. O equipo acerbaixano foi quen de eliminar ao Sporting Clube de Braga[5] . Porén, após realizar dous grandes partidos caeu vencido cruelmente polo campión alemán o Bayer Leverkusen nos oitavos de final[6] .

Finalmente tamén participou noutras dúas edicións da UEFA Europa Conference League[4], xogando a ronda intermedia eliminatoria.

Orixes do club

[editar | editar a fonte]

As orixes do club remóntanse á década de 1950. Con motivo da construción en 1951 do estadio municipal de Agdam, na cidade fundouse un club de fútbol chamado «Mehsul F. K.». Dito equipo logrou ascender en 1966 á máxima división da RSS de Acerbaixán e en 1968 obtivo un segundo posto na liga republicana. Con todo, ese mesmo ano viuse obrigado a desaparecer por problemas económicos.

En 1977 fíxose efectiva unha refundación baixo o nome de «Shafag F. K.»; entre 1982 e 1987 pasou a chamarse «Kooperator F. K.», e en 1987 adoptou o nome definitivo de Qarabag, na honra da rexión do Alto Karabaj. O equipo foi quen de facerse con dúas ligas da RSS de Acerbaixán en 1988 e en 1990, e chegou mesmo a clasificarse para a segunda división soviética en 1989. Cando Acerbaixán obtivo a independencia da Unión Soviética no 1991, o Qarabag Agdam pasou á recentemente creada Primeira División de Acerbaixán.

A actuación do equipo viuse marcada polo desenvolvemento da primeira guerra do Alto Karabaj. Nun primeiro momento o club continuou nunha Agdam xa asediada polo conflito, con sucesos como a morte do adestrador Allahverdi Bagirov polo estalido dunha mina antitanque ou a destrución do estadio Imarat por ataques de artillaría.[7] As tropas armenias capturaron Agdam en xullo de 1993 e toda a poboación azarí tivo que abandonar a cidade, igual que o propio club.[7][8] Un mes despois, o Qarabag proclamouse campión de liga na tempada 1993, cunha vitoria na final fronte ao Insaatçi Bakú grazas a un gol de Mushfig Huseynov na prórroga.[9]

O Qarabag converteuse no equipo representativo dos refuxiados azarís, fixando a súa sede na fronteiriza cidade de Quzanli. A nivel deportivo obtivo bos resultados e logrou clasificarse para fases previas de competicións europeas como a Copa Intertoto de 1999, pero terminou atravesando problemas financeiros pola falta de investidores e a crise do propio fútbol azerí.[1]

Chegada de Azersun

[editar | editar a fonte]
Gurban Gurbanov, técnico do Qarabag desde 2008.

Coa entrada de século no ano 2001 produciuse a chegada no accionariado do conglomerado Azersun, o maior distribuidor de alimentos de Acerbaixán. Os novos propietarios levaron a cabo un investimento a longo prazo para mellorar as estruturas da entidade, que terminou mudándose a Bakú na década do 2000. Os maiores logros nesa etapa inicial foron dúas Copas de Acerbaixán en 2006 e 2009.[8]

No 2008 contratouse como adestrador a Gurban Gurbanov e comezo un novo rumbo na visión deportiva, centrado en contratar futbolistas estranxeiros e nun estilo de xogo con pases curtos e intercambios posicionais. Baixo o mandato do ex futbolista acerbaixano, o Qarabag converteuse no equipo máis potente da Premier Liga de Acerbaixán, con sete ligas consecutivas desde 2014 até 2020[3]. En 2015 tivo lugar a inauguración do estadio Azersun Area de Bakú, o que dotaba ao club dun fogar propio logo de anos de incerteza. Gurbanov seguiu á fronte do Qarabag aínda cando foi nomeado seleccionador de Acerbaixán entre 2017 e 2018, polo cal compaxinou ambos traballos.

A nivel internacional, o Qarabag logrou clasificarse para a fase final da liga Europa da UEFA 2014-15, e desde entón converteuse nun habitual da fase de grupos nese torneo[4]. O maior logro da súa carreira europea foi a clasificación para a fase de grupos da liga de Campións da UEFA 2017-18: os azerís eliminaron ao F. C. Copenhague e medíronse no grupo C ao Chelsea F.C., o Atlético de Madrid e a A.S. Roma. Aínda que non lograron meterse na rolda final, si conseguiron dous empates ante os madrileños.[10] Na tempada 2021-22 debutaron na UECL (Uefa Europa Conference League) onde iniciaron o torneo con vitorias no global contra o Ashdod de Israel, AEL Limassol de Chipre e Aberdeen de Escocia respectivamente, o que significou a clasificación a unha fase de grupos de competición continental por segunda vez na súa historia, con Basilea de Suíza, Kairat de Kazajistán e Omonia Nicosia de Chipre no Grupo H da liga Europa Conferencia da UEFA 2021-22, onde conseguiron o segundo lugar do grupo. A continuación o sorteo deparou un enfrontamento ante o Marsella na ronda eliminatoria. O resultado global foi de 6-1 a prol dos franceses.

Interior do Azersun Area de Bakú.

O Qarabag F. K. é un club orixinario de Agdam pero non xoga alí dende 1993; actualmente a súa sede atópase en Bakú, a capital de Acerbaixán.

O club disputa os seus partidos como local no Azersun Area, un campo propio situado ao leste de Bakú, no raión de Suraxanı. Foi inaugurado en 2015 e pode albergar até 5 800 espectadores. Ademais, debido á restriccións da UEFA, nas competicións internacionais utiliza o estadio Tofiq Bahramov, en pleno centro da cidade e con capacidade para 31 200 espectadores.

  1. 1,0 1,1 1,2 MarcadorInt (11 de julio de 2013). "El club de una ciudad fantasma". Consultado o 31 de julio de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Delfino, Carlos. "Champions League: Qarabag, el club que escapó de la guerra y será uno de los rivales de Atlético de Madrid". Diario La Nación (Argentina). 
  3. 3,0 3,1 "Qarabağ FK - Títulos (clubes)". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2025-02-07. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Qarabağ FK - Historia de copas". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2025-02-07. 
  5. "Gverreiros eliminados da Liga Europa". Sporting Clube de Braga (en portugués). 2024-02-22. Consultado o 2025-02-07. 
  6. "Bayer Leverkusen gana y elimina Qarabag del Europa League". www.ceroacero.es (en castelán). Consultado o 2025-02-07. 
  7. 7,0 7,1 Moñino, Ladislao J. (17 de octubre de 2017). "Por qué el Qarabag lleva 24 años sin poder jugar en su ciudad". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 18 de octubre de 2017. 
  8. 8,0 8,1 "Qarabag, un equipo sin ciudad" (en castelán). 2017-08-24. Consultado o 2021-09-16. 
  9. "Azerbaijan 1993". Consultado o 2021-09-16. 
  10. "Atlético de Madrid: La mofa del Qarabag al Atleti y Copenhague por medirse en la Europa League" (en castelán). 2018-02-15. Consultado o 2021-09-16. 

Enlaces externos

[editar | editar a fonte]