Quadrussis
Aparencia
O quadrussis (voz latina; plural quadrusses) foi unha primitiva moeda da Antiga Roma de bronce fundido, utilizada en tempos da República e co valor de catro ases do sistema libral.[1][2][3][4]
Caracterización
[editar | editar a fonte]Esta enorme moeda, fundida e de forma rectangular, tiña, por tanto, o peso de catro libras, ou o que é o mesmo, arredor de 1.296 gramos.[5][6]
Os escasos exemplares coñecidos non amosan lendas de ningún tipo, mais si diferentes marcas e motivos en ambas as súas faces, como aguias, Pegasos, bois etc.[7][8]
Canto á súa época de emisión, Meynaerts postula que se debe corresponder co século VII a. de C.[9]
Como marca de valor amosa catro barras verticais, representativas do seu valor de catro ases e o seu peso de catro libras.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ “Quadrussis”. En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
- ↑ “Quadrussis”. En Forum ancient coins.
- ↑ “Multiple of the as”. En Roman bronce coins. www.monete-romanae
- ↑ “Quadrussis” e “Quatrussis”. En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxina 193.
- ↑ Doursther, Horace. (1840). “Quadrussis”. Páxina 466.
- ↑ Frey, Albert R. A dictionary of numismatic names, their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol. 50. American Numismatic Society, 1917. Páxina 193.
- ↑ Meynaerts. “Note sur un quadrussis inédit". Revue de la Numismatique Belge. Tomo II. Bruxelas, 1846. Páxinas 147-149.
- ↑ Stevenson, W. (1889). “Quadrussis”. Páxina 673.
- ↑ Meynaerts (1846). Páxina 148.
- ↑ Babelon, E. (1885). Introdución. Páxina IX.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Babelon, E. Description Historique et Chronologique des Monnaies de la République Romaine Vulgairement Appelées Monnaies Consulaires. Vol 1.París-Londres. 1885.
- Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4
- Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. Cambridge University Press, 1974. ISBN 0-521-07492-4
- Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3
- Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305
- Doursther, Horace. Dictionaire universel des poids et mesures anciens et modernes. Acadèmie Royale. Bruxelas, 1840.
- Stevenson, W. Et al. Dictionary of Roman Coins. George Bell and Sons. Londres, 1889. Páxina 673.