Queima das Fachas
Queima das Fachas | |
---|---|
Localización | |
Localización | Taboada ![]() |
País | España ![]() |
Patrimonio Cultural | |
Festas de Interese Turístico de Galicia | |
[ Wikidata ] |

O Folión de Castelo, nome tradicional da festa (na liña dos folións de Vilelos, no Saviñao, e de Castro Caldelas), agora tamén denominado Queima das Fachas é unha festa celebrada na parroquia de Castelo, no concello de Taboada. Ten lugar na noite do 7 ao 8 de setembro é dá comezo ás festas na honra de santa María. Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en outubro de 2008.[1]
O primeiro paso é a instalación na cima do castro de Castelo das fachas, que son grandes fachos cuxo combustíbel son agucios secados durante o verán, e que se distinguen das doutros folións polo grande tamaño, pois poden alcanzar os 9 metros de altura. Forman unha circunferencia e van sendo prendidas unha a unha, conformando un grande círculo de lume. Tradicionalmente, cada casa da parroquia achegaba polo menos unha facha, aínda que podían ser máis en función dos fillos que houbese en cada unha.
É organizada pola Asociación Cultural As Fachas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia (7-9-2010); "Castelo ultima los preparativos para la Queima das Fachas". "O castro será escenario dun espectáculo que conta con máis de dous mil años de antigüidade", en castelán.
- ↑ "Asociación Cultural As Fachas". Asociación Cultural As Fachas. Consultado o 2/3/2021.