Quercus texana
Quercus texana | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Quercus texana Buckley 1860 | |||||||||||||||
Área de distribución natural de Quercus texana
|
Quercus texanaé unha especie de árbore da familia das fagáceas, unha das numerosas comprendidas no xénero Quercus.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Quercus texana foi descrita en 1860 polo naturalista (botánico e xeólogo estadounidense Samuel Botsford Buckley,[2] que publicou a súa descrición en Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 12: 444–445.[3][4]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Quercus: nome xenérico tirado do latín que designaba igualmente ao carballo e é aciñeira.
texana: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Texas.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especioe coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
- Quercus nuttallii E.J.Palmer
- Quercus nuttallii var. cachensis E.J.Palmer
- Quercus nuttallii var. texana (Buckley)
- Quercus palustris f. nuttallii (E.J.Palmer) C.H.Mull.
- Quercus rubra var. texana (Buckley) Buckley
- Quercus shumardii subsp. texana (Buckley) A.E.Murray
- Quercus shumardii var. texana (Buckley) Ashe
Características
[editar | editar a fonte]Quercus texana é unha árbore de folla caduca de tamaño de mediano a grande, de copa aberta e crecemento rápido. Pode alcanzar de 25 a 35 m de altura.[1]
As follas adoitan teren lóbulos coas puntas afiadas, con serdas ou con púas no lóbulo; as flores teñen estilos longos, e as landras maduran en 18 meses e teñen un sabor moi amargo.
Distribución e hábtat
[editar | editar a fonte]É unha árbore nativa de América do Norte que se distribúe polo sur dos Estados Unidos na parte inferior da conca do río Mississippi, desde Texas até, polo leste, a Alabama e, polo norte, até o sur de Illinois, ocupando tamén o sueste de Missouri, Mississippi o extremo oeste de Tennessee e o sur de Louisiana. Estímase que a área de distribución desta especie supera os 700 000 km2.[1]
Esta especie forma bosques até os 200 m de altitide, e medra en solos arxilosos húmidos ao longo de chairas inundábeis, regatos e terras baixas, pero pode tolerar sitios máis secos.[1]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que, a pesar da ampla área de distribución de Quercus texana no baixo val do río Mississippi, é moi posíbel que se vexa ameazada polo actual cambio climático, e prevese que poida perder, potencialmente, máis do 30 % do seu hábitat adecuado.[5][6] Isto superaría o limiar necesario para avaliar a Q. texana como vulnerábel. Porén, neste caso non se sabe se existe unha relación lineal entre a diminución do hábitat e a diminución da poboación, xa que se descoñece a densidade de poboación e a capacidade de adaptación desta especie. Debido a estas incertezas, e a outros supostos inherentes á modelización do cambio climático, estas predicións de adecuación do hábitat non se utilizaron para aplicar estritamente as categorías e os criterios da Lista vermella polo que o status de Quercus texana avalíase como LC (pouco preocuante), pero poderían convertese en NT (Case ameazada) debido aos impactos do cambio climático.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Wenzell, K., Kenny, L. & Jerome, D. (2017): Quercus texana na Lista vermella da UICN. Versión 2021.3. Consultada o 18 de febretiro de 2022.
- ↑ Quercus texana Buckl. no BioLib. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ "Quercus texana". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Quercus texana Buckley no GBIF.
- ↑ Potter & Hargrove 2013.
- ↑ Potter et al. 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quercus texana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Flora of North America Editorial Committee (FNA) (1997): Flora of North America North of Mexico, Volume 3: Magnoliidae and Hamamelidae. New York: Oxford University Press. ISBN 0-1951-1246-6.
- John Stein, Denise Binion & Robert Acciavatti. US Department of Agriculture (2017): Fild Guide to Native Oak Species.
- Paul S. Johnson, Stephen R. Shifley, Robert Rogers, Daniel C. Dey & John M. Kabrick (2019): The Ecology and Silviculture of Oaks 3rd Edition. CABI. ISBN 978-1-7806-4708-1.
- Potter, K., Crane, B. & Hargrove, W. (2017): "A United States national prioritization framework for tree species vulnerability to climate change". New Forests: 1–26.
- Potter, K. M. & Hargrove, W. W. (2013): "Quantitative Metrics for Assessing Predicted Climate Change Pressure on the North American Tree Species". Mathematical and Computational Forestry and Natural-Resources Science 5 (2): 151-169.