Samuel Botsford Buckley
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1809 Torrey, Nova York |
Morte | 18 de febreiro de 1884 Austin, Texas |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | Universidade Wesleyana |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica ![]() |
Ocupación | naturalista, xeólogo |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Buckley ![]() |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography ![]() |
Samuel Botsford Buckley, nado o 9 de maio de 1809 en Torrey, Nova York,[1] e finado o 18 de febreiro de 1884 en Austin, Texas,[1] foi un xeólogo e naturalista estadounidense especializado en botánica e entomoloxía.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Buckley graduouse na Universidade Wesleyana en 1836.
Estudou a florabotánica dos estados do sur dos Estados Unidos e descubriu moitas novas especies de plantas e caracois.
Foi xeólogo do estado de Texas entre 1860 e 1861, e determinou a altura do monte Buckley (que leva o seu nome) nas Great Smoky Mountains de Carolina do Norte, xunto con outros picos.
Foi o editor científico da State Gazette en Austin, Texas entre 1871 e 1872.
Escribiu numerosos artigos científicos e libros sobre árbores e arbustos norteamericanos.
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- 1860. "The cutting ant of Texas". Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 12: 233–236.
- 1860. "Myrmica (Atta) molefaciens, "Stinging Ant" or "Mound-Making Ant" of Texas". Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 1860: 445–447.
- 1861. "Note on ants in Texas". Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 13: 9–10.
- 1866. "Descriptions of new species of North American Formicidae". Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 6: 152–172; 335–350.
Honores
[editar | editar a fonte]Eponimos
[editar | editar a fonte]O xénero Buckleya, da familia das santaláceas, que comprende especies de arbustos semiparasitos, leva o seu nome na súa honra.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Buckley emprégase para recoñecer a Samuel Botsford Buckley como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Buckley, Samuel Botsford en Biographies of the Entomologists of the World.
- ↑ "Buckley, Samuel Botsford". Encyclopedia Americana 4: 669. 1918.
- ↑ Buckley – Samuel Botsford Buckley (1809-1884) no IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Samuel Botsford Buckley |