Río Amstel
(nl) Amstel ![]() | ||||
Tipo | río canle ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Europa ![]() | |||
División administrativa | Holanda Setentrional, Países Baixos ![]() | |||
Final | ||||
División administrativa | Ámsterdam, Países Baixos ![]() | |||
Localización | Río IJ ![]() | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Dimensións | 31 (![]() | |||
O Amstel é un río nos Países Baixos que flúe a través da cidade de Ámsterdam. O seu nome provén de Aeme stelle, en neerlandés antigo "zona con abundante auga".
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río orixinariamente comezaba cando dous pequenos ríos, o Drecht e o Kromme Mijdrecht, se xuntaban un pouco ao sur de Uithoorn. Despois da construción dun canal, o Amstel-Drecht Kanaal, o río agora nace onde o Drecht e outro canal, o Aarkanaal, xúntanse entre si, preto da cidade de Nieuwveen.
A foz do río está en Ámsterdam, onde se desembocaba na baía do IJ. Porén, en 1936 a última parte do río, chamada Rokin foi enchida, polo que agora o río remata na praza Spui, aínda que segue conectado co IJ por unhas tubaxes soterradas.
Illa de Amstel
[editar | editar a fonte]O río contén unha soa illa, chamada sinxelamente Amsteleiland (Illa de Amstel). A única estrada que a atravesa pertence a Ouderkerk aan de Amstel, mais a illa en si é parte do municipio de Amstelveen. Ten unha superficie aproximada de 0,05 km².
Galería de fotos
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Amsterdam_Amstel.jpg/600px-Amsterdam_Amstel.jpg)
-
Ponte Magere Brug
-
Oostermeer
-
Amstel de noite