Río IJ
Tipo | canle empoldered inlet (en) ![]() ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Ámsterdam, Países Baixos ![]() | |||
Final | ||||
División administrativa | Almere, Países Baixos ![]() | |||
Localización | IJmeer (en) ![]() ![]() | |||
| ||||
Conéctase con | North Sea Canal (en) ![]() ![]() | |||
Afluentes | Río Amstel, Spaarne (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 0 m ![]() | |||
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/36/The_IJ_%28Het_IJ%29_in_Amsterdam_2020_Copernicus_Sentinel-2.jpg/220px-The_IJ_%28Het_IJ%29_in_Amsterdam_2020_Copernicus_Sentinel-2.jpg)
O IJ (ás veces nos mapas vellos escrito "Y" ou "Ye") é un río, antigamente estuario, situado ao norte de Holanda, nos Países Baixos. É coñecido por ser a "costa" de Ámsterdam. O seu nome deriva do termo xermánico para "auga". Garda semellanza con outros nomes de masas de auga destas linguas. En neerlandés o nome consiste no dígrafo ij, que é considerado unha única letra, e a súa forma con maiúsculas, como lle corresponde ós nomes de lugares, é IJ.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome está etimoloxicamente entroncado con outros moitos ríos e encoros como Aa, Ae, Isar ou IJzer, e só quere dicir auga. Na Idade Media construíronse en Ámsterdam moitos diques a ambas beiras do brazo do mar, que paiseniño perdeu o seu carácter de estuario para pasar a ser un río encorado. No século XIX decidiuse secar aínda máis para crear pólderes e construír unha canle cara ao Mar do Norte, o Noordzeekanaal (1876), e un porto novo en IJmuiden (un topónimo que quere dicir foz do IJ). Nesta época tamén se construíron varias illas, para facer peiraos, estaleiros e para o ferrocarril e a estación de Ámsterdam. Isto pechou a cidade da súa "fronte de mar" (ou de río) e desprazou o porto. O IJ ten un rol importante para o abastecemento de auga potábel á área metropolitana de Ámsterdam.
Transbordadores no IJ
[editar | editar a fonte]Como o río rega unha rexión moi urbanizada, sempre houbo moitos transbordadores. Tras a construción de pontes e túneles, o seu rol minguou.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/24/IJveer.jpg/220px-IJveer.jpg)
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río IJ |