Río Aqueronte
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Reino de Epiro | |||
Inicio | ||||
División administrativa | Parga Municipality, Grecia (en) | |||
Final | ||||
Localización | Mar Xónico | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Altitude | 11 m | |||
Dimensións | 58 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 763 km² | |||
O río Aqueronte ou Aquerón (en grego antigo Αχέρων Akhérôn, "temible") é un río está situado no Epiro, rexión noroccidental de Grecia.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Aqueronte pode traducirse como "río da traxedia" e críase que era unha bifurcación do río do inframundo Aqueronte, polo que, na mitoloxía grega, Caronte carrexaba as almas dos falecidos até o Hades. Aqueronte era un dos cinco ríos do Inframundo. Cóntase que nas súas augas todo se afundía agás a barca de Caronte, que accedía a pasar as almas dos defuntos a cambio dun óbolo, moeda que se lle poñía aos mortos na boca para pagarlle.
- Artigo principal: Óbolo de Caronte.
O lago chamado Ακηερουσια Acherousia e o río aínda chamado Aquerón coas ruínas próximas do Necromanteion atópanse cerca de Parga no continente fronte a Corfú.
Críase que outra bifurcación do Aqueronte emerxía no cabo Acherusian (hoxe chamado Eregli, en Turquía) e foi avistado polos Argonautas segundo Apolonio de Rodas. Os gregos asentados en Italia identificaban o lago no que desembocaba o Aqueronte co lago Averno.
Platón no seu Fedón identificaba a Aqueronte como o segundo maior río do mundo, superado só polo Océano. Afirmaba que o Aqueronte corría en dirección oposta desde o Océano por debaixo da terra baixo lugares desérticos.
No Aqueronte do inframundo desembocaban os ríos Flexetonte e Cocito, considerado este como unha derivación da mesma lagoa Estixia. A palabra úsase tamén ocasionalmente como unha metáfora do propio Hades.
O deus do río, fillo de Océano e Tetis, enxendrou a Ascálafo con Orfne ou Gorxira, dos ninfas do inframundo.[1]
No Inferno de A divina comedia de Dante, o río Aquerón constitúe o bordo do inferno, no Ante-Inferno.