Río Bush
(ga) An Bhuais | ||||
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Reino Unido | |||
Final | ||||
División administrativa | mar a fóra | |||
Localización | Océano Atlántico | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 62 m | |||
O río Bush (en inglés River Bush, do gaélico irlandés an Bhuais)[1] é un río do Condado de Antrim, Irlanda do Norte. A fonte do río atópase nos Antrim Hills a 480 m. Desde alí, flúe cara ao noroeste, torcendo en Armoy cara ao oeste, pasando logo por Stranocum, para logo virar cara ao norte e pasar por Bushmills antes de chegar ao mar en Portballintrae, no litoral norte de Antrim. Discorre por un fértil val. O seu leito está xeoloxicamente composto por basaltos e a auga atópase lixeiramente alcalinizada con magnesio, dando nunha dureza característica. O río posúe reservas autóctonas de salmóns e troitas. Un afluente do río prové a auga que se emprega para destilar o whiskey Old Bushmills.
Pesca
[editar | editar a fonte]O Río Bush foi tradicionalmente un río salmoneiro, aínda que en retroceso a finais do século XX e principios do XXI,[2][3] mais aínda ofrece excelente salmón para pescar. Está administrado como río imporante do salmón polo Departamento de Cultura, Artes e Lecer (DCAL). O Departamento tamén controla unha piscifactoría que serve para o Proxecto de Investigación do Salmón do Río Bush, proxecto establecido en 1972, que ten a misión de estudar o ciclo da vida do salmón atlántico tanto na auga doce como na do mar. Este programa de investigación permitiu que o río Bush sexa recoñecido como un río índice para o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES)[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Placenames Database of Ireland
- ↑ Winter Weather "Confuses" Salmon". BBC, 3 de febreiro de 2007. Consultado o 6 de xuño de 2012.
- ↑ Minister Vows to Restore Salmon Runs. 4NI, 4 de outubro de 2002. Consultado o 6 de xuño de 2012.
- ↑ Departamento de Cultura, Artes e Lecer. "Bushmills Salmon Station". DCAL - A Selection of Angling Waters in Northern Ireland. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 6 de xuño de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Foto do River Bush en geograph.org