Saltar ao contido

Río Chamoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Chamoso
Imaxe
Río Chamoso nas proximidades da ponte da Foz, preto da desembocadura no río Miño, entre os concellos de Lugo e O Corgo.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónO Vitureiro Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaGalicia, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Miño Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°59′39″N 7°34′01″O / 42.9940292, -7.5670635
Características
Altitude618 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións31,82 (lonxitude) km

O río Chamoso é un afluente do Miño que percorre os concellos de Castroverde, O Corgo e Lugo.

Nace na xunta dos regos da Esbaradoira e do Lameirón, as súas cabeceiras, preto do Vitureiro, na parroquia de Montecubeiro, en Castroverde.[1]

Recibe ó río Romeán pola marxe dereita a altura da ponte de Galiñeiros, en Arxemil. En Abuín acondicionouse unha praia fluvial con merendoiros, ó pé da A-6 [1]. Recibe ó rego de Carballido pola marxe dereita fronte ó muíño da Herdeira, na parroquia de Laxosa, e durante varios quilómetros serve de límite entre os concellos do Corgo e de Lugo [1]. Desemboca no Miño pola súa marxe esquerda, ó pasar a ponte da Foz [1].

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Afluentes do Río Chamoso por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Rego da Esbaradoira:[1] cabeceira pola marxe dereita.
  2. Rego do Lameirón:[1] cabeceira pola marxe esquerda.
  3. Rego de Pereiroá:[1] desemboca preto de Pereiroá (Castroverde) pola marxe esquerda.
  4. Rego de Rodinso:[1] desemboca ó pé do Castelo de Castroverde, fronte a Bolaño (Castroverde), pola marxe esquerda.
  5. Rego de Xubil:[1] desemboca en Bolaño (Castroverde), pola marxe dereita.
  6. Rego de Outeiro:[1] desemboca en Outeiro (Castroverde), pola marxe esquerda.
  7. Rego de Anguieiro:[1] desemboca preto de Gracián (Castroverde), pola marxe dereita.
  8. Rego de Caxín:[1] desemboca preto de Queizán de Abaixo (O Corgo), pola marxe esquerda.
  9. Rego da Moa:[1] desemboca preto das Aceñas (O Corgo), pola marxe esquerda.
  10. Río Romeán:[1] desemboca na ponte de Galiñeiros, en Arxemil (O Corgo), pola marxe dereita, a 13,15 km do Miño [1].
  11. Rego dos Rofideiros:[1] desemboca na praia fluvial, en Abuín (O Corgo), pola marxe esquerda.
  12. Rego do Carballido:[1] desemboca fronte ó muíño da Herdeira, na parroquia de Laxosa (O Corgo), pola marxe dereita.
  13. Regueiro de Paradela:[1] desemboca en Paradela (O Corgo), pola marxe esquerda, a 7,76 km do Miño [1].
  14. Rego de San Fiz:[1] desemboca preto de San Fiz (O Corgo), pola marxe esquerda.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°03'29.9"N 7°19'12.3"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.