Río Romeán
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | provincia de Lugo, España ![]() | |||
Final | ||||
Localización | Río Chamoso ![]() | |||
| ||||
Conca hidrográfica | río Miño ![]() | |||
O río Romeán, ou río de Romeán, é un curso fluvial galego, da comarca de Lugo, con caudal regular, afluente do Chamoso.
Curso
[editar | editar a fonte]Nace da xuntanza do río da Barranca e do rego das presas preto da fonte do Canteiro, no concello de Castroverde.[1]
Transcorre en dirección sur-suroeste. Baña as parroquias de Gondar, Soutomerille, Romeán,[2] Paderne, Segovia, Piñeiro, Arxemil e Pedrafita.
Ao longo de parte do seu curso, separa o concello de Lugo dos concellos de Castroverde e O Corgo, no que se interna, para desembocar na ponte de Galiñeiros,[1] entre as parroquias de Arxemil e Pedrafita, no río Chamoso, que é afluente do Miño.
O Camiño Primitivo de Santiago de Compostela, despois de pasar por Vilar de Cas, atravesa o río na confluencia das parroquias de Soutomerille, Paderne e Gondar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Instituto Geográfico Nacional de España. "Iberpix. Buscar fonte do Canteiro" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 05/7/2019.
- ↑ "Romeán (San Pedro)", GEG: "Parroquia do concello, provincia e diocese de Lugo [...] Dista 11,5 quilómetros da capital municipal e está bañada polo río Romeán."