Saltar ao contido

Arxemil, O Corgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arxemil
Igrexa parroquial
ConcelloO Corgo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°58′07″N 7°35′12″O / 42.9685683, -7.5865728
Área3,14 km²
Poboación72 hab. (2019)
Densidade22,93 hab./km²
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Arxemil é unha parroquia do concello do Corgo. En 2010 tiña 82 habitantes (42 homes e 40 mulleres).[2]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo pode significar as terras de Argemirus, antropónimo gótico.[3]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A parroquia está rodeada en boa parte polo río Chamoso. Na súa ribeira hai dous antigos muíños, xa en desuso, e unha praia fluvial, Sobre o río érguese a ponte de Galiñeiros, de orixe romana e pola que pasaba a vía que conectaba Lucus Augusti coa meseta Central. Actualmente non ten un bo estado de conservación, se ben conserva intacta a estrutura. Esta vía deu pé á actual estrada N-VI que vai desde Madrid á Coruña. Na zona hai dúas tumbas antropomorfas.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Arxemil

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Arxemil no concello do Corgo (Lugo)

Arxemil | Boelle | Neda | San Martiño

Parroquias do Corgo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Corgo

Abragán (San Bartolomeu) | Adai (Santiago) | O Alto (Santalla) | Anseán (Santa Catarina) | Arxemil (San Pedro) | Bergazo (San Fiz) | Cabreiros (Santa Mariña) | Campelo (San Xulián) | Camposo (Santiago) | Castrillón (San Salvador) | Cela (San Xoán) | Cerceda (San Pedro) | Chamoso (San Cristovo) | O Corgo (San Xoán) | Escoureda (Santa María) | Farnadeiros (San Pedro) | Folgosa (San Martiño) | Fonteita (Santiago) | Franqueán (Santa María) | Gomeán (Santiago) | Lapío (San Miguel) | Laxosa (Santiago) | Maceda (San Pedro) | Marei (Santa María) | Paradela (San Fiz) | Pedrafita (San Miguel) | Piñeiro (Santa María) | Queizán (Santa María) | Quinte (Santalla) | Sabarei (Santa María Madanela) | San Bartolomeu de Chamoso (San Bartolomeu) | San Cosme de Manán (San Cosme) | Santa María de Manán (Santa María Madanela) | Santo André de Chamoso (Santo André) | Santo Estevo de Farnadeiros (Santo Estevo) | Santo Estevo de Folgosa (Santo Estevo) | Segovia (San Xoán) | Vilachá (San Xiao)

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2012. 
  3. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]