Río Ega
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | País Vasco, España, Navarra, España e A Rioxa, España | |||
Final | ||||
División administrativa | Cantabria, España | |||
Localización | Río Ebro | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | Conca do Ebro | |||
Características | ||||
Altitude | 290 m | |||
Dimensións | 113 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.497 km² | |||
O Ega é un río de España, afluente do río Ebro, que discorre case por completo por Navarra.
Nace en Áraba, preto de Lagran, terra que volve cruzar á altura de Santa Cruz de Campezo, onde se lle suman as augas do río Izki. Aínda en chan arabés recibe as augas do río Istora Galbarra, e volvendo a Navarra, as dos arroios de Galbarra e Lazagorria. Preto das localidades de Abaigar e Labeaga amécenselle o Ubaria, o Sardegi e o Zelaieta. Chegando a Estella recibe o río Urederra, e pasada Estella, o río Iranzu. Desemboca no río Ebro na localidade navarra de San Adrián.
Ao longo de 113 quilómetros drena unha superficie de 1.497 km², dos que 416 corresponden a Áraba. O caudal medio do río Ega ao seu paso por Estella é de 13,76 m³/s, o que representa unha achega anual de 476 hm³.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Ega |