Río Esla
Tipo | río ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa ![]() | ||||
División administrativa | provincia de Zamora, España ![]() | ||||
Final | |||||
División administrativa | Castela e León, España ![]() | ||||
Localización | Río Douro ![]() | ||||
| |||||
Afluentes | Río Bernesga, Aliste, Q6115376 ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Conca hidrográfica | Conca do Douro ![]() | ||||
Características | |||||
Dimensións | 285 (![]() | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 16.163 km² ![]() | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 135 m³/s ![]() | ||||
O Esla é un río das provincias de León e Zamora, no noroeste da Península Ibérica. É un afluente do Douro, que nace na Cordilleira Cantábrica e ten 285 km de percorrido, cruzando de norte a sur as provincias de León e Zamora. É o afluente máis caudaloso do Douro, de xeito que cando desemboca neste, leva máis caudal que o propio Douro (de aquí o tradicional dito "el Esla lleva el agua y el Duero la fama", análogo ao que se di do Pisuerga e tamén o Douro, ou do Sil e o Miño).
Sobre o nacemento do Esla hai controversias, desde quen asegura que nace en San Glorio, Pandetrave e Arcenorio; mentres outros aseguran que nace no Porto de Tarna, no val de Burón.
Datos históricos
[editar | editar a fonte]Este río era o Astura dos romanos (pronunciado seguramente Ástura), do cal os antigos ástures tomaran o nome (os ástures poboaban ambos os lados dos Montes Cantábricos, dividíndose de acordo con eles en ástures transmontanos, os que vivían entre o cordal e o mar Cantábrico, e ástures cismontanos, que eran os da Meseta leonesa actual e terras bercianas e galegas achegadas).
Durante a Idade Media o nome evoluciona para Estola (Éstola), para finalmente por un paso intermedio *Ést-la, dar lugar á actual forma Esla.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Os seus principais afluentes son: