Río Teira
Teira | |
---|---|
Panorámica do río Teira. | |
Nacemento | Pena Negra, Porto, provincia de Zamora |
Lonxitude | 153 km |
Conca | 2.415 km² |
Desembocadura | Esla |
O río Teira[1] (en castelán río Tera) é un afluente do río Esla pola beira dereita e, polo tanto, subafluente río Douro .
O seu percorrido de 153 km transcorre enteiramente na provincia de Zamora; a superfice da súa cunca hidrográfica abrangue un total de 2.415 km².
O Teira nace nos contrafortes orientais de Pena Trevinca, na paraxe denominada Veiga de Teira, un antigo circo glaciar. O curso alto do río baña a comarca de Seabra, onde atravesa a lagúa glaciar de Seabra e a cabeza comarcal, Pobra de Seabra. Logo de discorrer en sentido norte-sur, pouco despois desta localidade xira e segue en sentido oeste-leste até unirse ao río Esla a unha ducia de quilómetros ao sur de Benavente.
O afluente máis importante é o río Negro, que lle amece as súas augas pola marxe esquerda. O río Castro é o máis importante pola dereita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 17 de abril de 2023.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Teira |